As mobilizacións polos despidos en Eroski trasládanse até o economato de Citroën en Vigo

Un grupo de delegados/as sindicais desenvolveu unha concentración de 11.00 a 13.00 horas
Vigo - 31 Mar 2017

O calendario de protestas que desenvolve a CIG-Servizos contra a vaga de despedimentos no grupo Eroski de Vigo trasladouse hoxe até as portas do economato laboral de Citroën, situado no barrio de Coia e xestionado pola compañía vasca de alimentación. Un grupo de delegados/as sindicais desenvolveu unha concentración de 11.00 a 13.00 horas, tempo no que despregaron unha faixa na que se podía ler “Eroski represión. Non máis despidos” e berraron consignas contra a política da empresa de desfacerse do persoal con máis antigüidade para substituílo por novos/as traballadores/as.

 

>>MÁIS INFORMACIÓN DA CAMPAÑA DE PROTESTAS