Trancorridos 26 meses desde que venceu o Convenio Estatal de Contact Center e ante o bloqueo por parte da patronal e o inmobilismo do sindicalismo español, a CIG convocou unha nova xornada de folga a nivel galego para o vindeiro día 20 de febreiro, que en empresas como Extel, Atento e Abante contará ademais co apoio da CGT.
Esta mobilización convócase logo de que nas últimas reunións da mesa do convenio a patronal fixera propostas de suba salarial que suporían unha nova perda de poder adquisitivo.
Neste sentido, desde a CIG-Banca denunciouse que as teleoperadoras acumulan perdas desde 2009 equivalentes a unha paga.
|
Nivel
|
Salario 2009
|
Salario 2009+IPC
|
Salario actual
|
Perda salarial
|
|
8
|
14.523
|
16.106
|
15.194
|
-912
|
|
9
|
14.014
|
15.542
|
14.662
|
-880
|
|
10
|
13.252
|
14.696
|
13.864
|
-832
|
|
11
|
12.671
|
14.952
|
13.257
|
-795
|
*Cálculos realizados co actualizador de rendas oficial do INE
Desde a CIG-Banca denúnciase que a perda pode ser maior, tendo en conta que o IPC de xaneiro de 2017 foi dop 3% a nivel estatal e dun 3,2% en Galiza.
Diante desta situación fa un chamamento a participar na folga do 20 de febreiro e nas concentracións convocadas en Vigo, A Coruña, Lugo e Ourense.