As protestas polo peche de camas na área sanitaria de Vigo trasladáronse hoxe até o Álvaro Cunqueiro

A Comisión de Centro desenvolveu unha concentración na entrada de consultas externas
- 14 Xul 2017

As protestas polo peche de camas na área sanitaria de Vigo trasladáronse hoxe até o hospital Álvaro Cunqueiro, despois das que tiveron lugar recentemente no Meixoeiro. A Comisión de Centro do Chuvi, promotora da protesta, denuncia que ás camas que se pechan no período estival hai que sumar as que permanecen inhabilitadas no Meixoeiro ao longo de todo o ano.

Ao mesmo tempo, entenden que se debera aproveitar que o verán “soporta menos presión de determinadas patoloxías” para incrementar o número de cirurxías, co obxectivo de reducir as listas de espera. “No canto de facelo, á Consellería de Sanidade aposta por dedicar máis cartos á sanidade privada”.

 

NOVAS RELACIONADAS: Persoal e usuarios/as do Sergas mobilízanse no Meixoeiro de Vigo para rexeitar o peche de camas no verán

 

>>CIG-Saúde prevé o peche dunhas 1.200 camas durante o verán nos hospitais galegos