• 18-06-27 AsembleaTCAEvigo01.jpeg
  • 18-06-27 AsembleaTCAEvigo02.jpeg
  • 18-06-27 AsembleaTCAEvigo03.jpeg
  • 18-06-27 AsembleaTCAEvigo04.jpeg

As TCAE do hospital Álvaro Cunqueiro encaran a súa última xornada de folga

Hoxe decidiron continuar coas mobilizacións semanais no verán

Vigo -

O colectivo de Técnicas/os en Coidados Auxiliares de Enfermaría (TCAE) do hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo están chamadas este xoves á última xornada de folga das catro convocadas pola comisión de centro contra a obriga de transportar as bolsas da roupa sucia. As e os traballadores/as decidiron hoxe en asemblea continuar coas mobilizacións semanais polos arredores do centro sanitario tamén durante o verán para rexeitar a decisión da Xerencia da EOXI.

Deste xeito, as e os TCAE do Cunqueiro porán fin este xoves, polo de agora, aos paros cos que queren amosar a súa disconformidade coa nova función que se lles impuxo dende a dirección unha vez que a empresa concesionaria do hospital deixou de realizala. O colectivo agarda que a nova xornada de folga teña un seguimento importante, igual que sucedeu nas tres ocasións anteriores.

Ademais, as e os traballadores/as decidiron hoxe en asemblea continuar coas mobilizacións semanais polos arredores do centro sanitario vigués durante o período estival. Así, cada martes volverán a concentrarse a carón da estatua do titán, situado xunto á entrada principal, para a continuación saír en manifestación até a rotonda da avenida Clara Campoamor que dá acceso ao hospital.

Volver