Atinxido un preacordo para a inclusión dos acordos das auxiliares no convenio do metal

- 07 Nov 2018

Tras máis de catro horas de reunión, na noite deste martes acadábase un preacordo coa patronal provincial de siderometal para a inclusión dos acordos das auxiliares de Navantia no convenio do metal da Coruña. Este preacordo será votado hoxe, mércores, nas asembleas de traballadores/as que se celebrarán nos estaleiros de Fene e Ferrol. Dende CIG-Industria reiteran que lograr este preacordo só foi posíbel grazas á loita constante do persoal na defensa dos seus dereitos.