Avanza o proceso Lingua Vital        

Nacional - 07 Nov 2025

O próximo 22 de novembro, no marco do proceso Lingua Vital, terá lugar en Compostela o plenario nacional para a posta en común da achegas recollidas nas diferentes xuntanzas comarcais e acordar as próximas actuacións ante a emerxencia lingüística que sofre o galego.

O proceso social Lingua Vital iniciouse en xuño pasado pola plataforma cidadá Queremos Galego co obxectivo de conseguir avances na normalización da lingua galega e garantir a súa presenza e oferta en todos os espazos e para todos os usos. 

A iniciativa naceu ante a belixerencia da Xunta e do PP co idioma propio

Ante a belixerancia da Xunta e do PP contra o idioma e as políticas que buscan borrar a nosa lingua de todos os ámbitos da vida, urxe dar unha resposta social contundente para exixir accións que revertan a aceleración da tendencia negativa no uso do galego.