• 17-10-19 ProtestaIndultoCarlosSerafin01.JPG
  • 17-10-19 ProtestaIndultoCarlosSerafin02.JPG
  • 17-10-19 ProtestaIndultoCarlosSerafin03.JPG
  • 17-10-19 ProtestaIndultoCarlosSerafin04.JPG
  • 17-10-19 ProtestaIndultoCarlosSerafin05.JPG
  • 17-10-19 ProtestaIndultoCarlosSerafin06.JPG

Barallan trasladar as protestas polo indulto a Carlos e Serafín á Subdelegación ante a falta de resposta do Goberno

As rúas de Vigo acolleron unha nova concentración solidaria cos dous traballadores condenados a prisión

Vigo -

A CIG, CCOO e UGT anunciaron este xoves ao remate da concentración que cada mes desenvolven en Vigo para reclamar o indulto para Carlos Rivas e Serafín Rodríguez que a vindeira mobilización podería celebrarse diante da Subdelegación do Goberno en Pontevedra ante a falta de resposta do propio organismo á petición de xuntanza por parte das centrais e o silencio continuado do Executivo español a respecto dunha medidade de graza que evitaría a entrada en prisión dos dous traballadores.

Os sindicatos promotores das mobilizacións que cada mes se desenvolven en Vigo para reclamar o indulto adiantaron este xoves a posibilidade de que a vindeira protesta se celebre diante da Subdelegación do Goberno en Pontevedra para denunciar a falta de contestación deste organismo á petición de xuntanza por parte das centrais e o silencio continuado do Executivo que preside Mariano Rajoy a respecto da concesión dun indulto que evite a súa entrada en prisión. 

A Subdelegación non responde a petición de reunión cursada polas centrais

O anuncio foi feito ao remate da concentración celebrada este xoves diante do Marco de Vigo, na que arredor dun cento de persoas amosou a súa solidariedade cos dous traballadores e berraron consignas a prol do indulto e contra a actitude do Goberno español. “Non son ladróns, son traballadores” ou “Indultan banqueiros/as, condenan obreiros/as” foros unha vez máis as consignas máis coreadas.

A pesar de que esta situación se está a prolongar dende hai case catro anos, as centrais quixeron deixar moi claro que continuarán coa campaña de mobilizacións o tempo que faga falta até lograr o indulto para os dous afectados, “xa que o seu único delito foi participar nunha folga perfectamente legal como foi a do transporte de 2008 e defender os seus dereitos e os dous seus compañeiros/as”.

Volver