Colectivos vigueses mobilízanse contra a nova zonificación escolar

Desenvolveron unha concentración na farola de Urzaiz este venres
Vigo - 19 Xan 2018

Numerosos colectivos sindicais, educativos, políticos, sociais e veciñais de Vigo -entre eles a CIG-Ensino- mobilizáronse este venres na farola de Urzaiz para rexeitar a nova zonificación escolar remitida pola inspección educativa e reclamar a súa paralización ao entender que tería “graves consecuencias” para o ensino público vigués. Segundo denuncian, a proposta non garante a libre elección de centro e non aborda os problemas estruturais que ameazan a continuidade dalgúns centros públicos da cidade.