Concentración en rexeitamento á RPT do Concello de Lugo

Lugo - 22 Feb 2017

A Sección Sindical da CIG no Concello de Lugo mobilizouse este mércores ás portas da Casa Consistorial en rexeitamento á Relación de Postos de Traballo que vén de ser aprobada e que a CIG non asinou porque, entre outras cuestións, non inclúe os informes de Intervención e Persoal perceptivos e non aparece por escrito o "Valor Punto", un factor determinante para estabelecer as contías contributivas dos empregos.

Dende a Sección Sindical da CIG critican tamen a urxencia inxustificada coa que dende o goberno loca se quixo desenvolver todo o proceso de negociación.

As protestas (convocadas conxuntamente cos sindicatos Ágora  e AFI-USO) continuarán mañá, xoves, cunha nova concentración ás 10:00 horas, diante do concello.