Concentración solidaria con Siria, pola paz e contra o imperialismo

Vigo acolleu unha mobilización solidaria en apoio do pobo sirio tras o recente ataque militar
Vigo - 27 Abr 2018

Máis dun cento de persoas participaron hoxe en Vigo na concentración convocada por preto dunha vintena de organizacións -entre elas a CIG- en solidariedade co pobo sirio, pola paz e contra o imperialismo. Durante a mobilización, que tivo lugar no farol de Urzaiz a última hora da tarde, berráronse consignas en apoio do país árabe e denunciouse o recente ataque militar liderado polos EEUU e a violación do dereito internacional por parte das potencias agresoras.