Continúa a solidariedade con Carlos e Serafín

A CIG, CCOO e UGT convocan unha nova protesta para reclamar o indulto
Vigo - 13 Dec 2017

As centrais sindicais CIG, CCOO e UGT convocan unha nova mobilización para reclamarlle ao Goberno español que lle conceda o indulto a Carlos Rivas e Serafín Rodríguez, os dous traballadores vigueses condenados a tres anos de prisión por participar na folga provincial do transporte en 2008. A concentración solidaria terá lugar este xoves 14 diante do Marco de Vigo ás 20:00 horas.