Cuarta xornada de folga indefinida en Maderas Iglesias

O Porriño - 31 Ago 2018

Na 4ª xornada de folga indefinida en Maderas Iglesias contra o impago de salarios e en prol do futuro da empresa o persoal concentrouse diante do concello do Porriño. Desde o comité fan un chamamento aos municipios da comarca para que se impliquen na procura da viabilidade dunha empresa de fabricación de tarima flotante que supón 200 postos de traballo directos, na súa maioría mulleres.

Insisten, ademais, na necesidade de que o conselleiro de Economía e Industria asuma os compromisos aprobados no Parlamento e se implique “de inmediato” para salvar a actividade.

A folga está a contar cun seguimento unánime por parte das traballadoras/es, que manteñen a moral alta e están dipostas/os a levar a súa loita “até onde faga falta”.