Defender a clase traballadora non é delito!

Nova mobilización a prol do indulto a Carlos e Serafín este xoves en Vigo
Vigo - 17 Out 2017

As rúas de Vigo acollen este xoves 19 unha nova mostra de solidariedade con Carlos Rivas e Serafín Rodríguez, os dous traballadores condenados a tres anos de prisión por participar nunha folga. As centrais CIG, CCOO e UGT convocan unha concentración diante do Marco ás 20:00 horas para reclamarlle ao Goberno español que lles conceda un indulto que evite a súa entrada en prisión. Porque defender a clase traballadora non é delito!