Delegados/as da CIG-Industria reclaman cunha protesta a readmisión dun traballador da empresa Cumegal de Ourense

O despido produciuse despois de que se presentase ás eleccións sindicais na candidatura da central

Vigo -

Arredor de 30 delegados/as da federación de Industria CIG concentráronse no día de onte ás portas da empresa Cumegal e do Concello de San Amaro, en Ourense, para reclamar a readmisión dun traballador que foi despedido tras presentarse ás eleccións sindicais na candidatura da central.

A mobilización desenvolveuse durante dúas horas diante das instalacións da empresa, onde os concentrados berraron consignas reclamando a readmisión do compañeiro. A continuación trasladaron a protesta até as portas da casa do Concello de San Amaro.

Dende a federación de Industria da CIG-Ourense explican que o xuízo polo despedimento terá lugar o vindeiro martes 8 de marzo e agardan que a decisión da empresa de rescindirlle o contrato ao traballador sexa declarada nula.

Volver