Educación non fomenta o portugués como segunda lingua incumprindo a Lei de aproveitamento deste idioma

A CIG-Ensino exixe un cambio de rumbo fronte a caída de alumnado

Nacional -

A CIG-Ensino vén de denunciar o "desleixo" da Consellaría de Educación no fomento da lingua portuguesa e exixe un cambio de rumbo no pulo ao ensino do portugués, especialmente cando se observa unha caída do alumando que cursa este idioma así como os centros que o imparten.

“Incumprir. Facer ouvidos xordos. Desprezar. Todo isto é o que leva facendo a Consellaría de Educación ao respecto da Lei 1/2014 para o aproveitamento da lingua portuguesa e vínculos coa lusofonía, derivada da Iniciativa Paz Andrade e que hoxe é, claramente, máis papel mollado que nunca”, denuncia a CIG-Ensino.

Asegura que a consellaría “nunca tivo nin o máis mínimo interese” en potenciar a aprendizaxe do portugués como segunda lingua estranxeira entre o alumando galego e entende que por iso “nunca levou adiante ningunha campaña de fomento” que tivese como obxectivo ampliar a oferta e a demanda deste idioma como materia nos institutos do país.

A CIG-Ensino considera que esta aposta redundaría nun incremento da demanda existente nas ensinanzas medias dada a proximidade cultural e lingüística co portugués. “Unha demanda que serviría ao tempo para prestixiar o noso idioma, ao aproveitar as vantaxes lingüísticas que dá a competencia en galego para acadar rapidamente un nivel aceptábel nun idioma que falan actualmente máis de 250 millóns de persoas en todo o mundo”.

Cae o número de centros e alumnado que cursa portugués

No curso 2016/17, e segundo datos proporcionados hai agora un ano polo Secretario Xeral de Política Lingüística da Xunta no Parlamento Galego, había 2.149 alumnos e alumnas en centros galegos cursando portugués, nun total de 65 centros. Unha resposta recente da Consellaría de Educación a un escrito da CIG-Ensino, no que o sindicato se interesaba por coñecer a situación no actual curso, amosa uns datos moi reveladores.

Hai arestora 2.128 alumnos e alumnas cursando portugués desde 1º da ESO a 2º de Bacharelato nun total de 60 centros, 58 públicos e 2 privados. Estes datos oficiais permiten debuxar un mapa da oferta do portugués nos centros docentes absolutamente irregular e no que se evidencia que a oferta do portugués non obedece a ningunha planificación da Xunta de Galiza senón ao bo facer, o interese e o voluntarismo do profesorado que, como vén sendo habitual, toma a iniciativa cando o goberno se instala na desidia e o incumprimento das súas propias leis.

Debullando as cifras oficiais de alumando matriculado pode concluírse que a realidade é aínda máis grave, xa que existen bastantes centros con cifras moi baixas de alumnado matriculado, figurando mesmo 4 centros nos que só hai 1 alumno ou alumna matriculada. Polo tanto, “falamos na práctica de 56 centros cun grupo de alumando”, conclúe.

Por outro lado case o 40% do alumnado matriculado concéntrase en 7 centros, o que é mostra da ausencia absoluta dunha política de apoio ao portugués, como formalmente debería estar comprometido o goberno de Feijóo, polo mero feito de ter aprobado a Lei 1/2014.

Pola contra, “mestres o goberno galego dá as costas ao portugués podemos observar como Estremadura segue potenciando a oferta deste idioma, chegando a superar este ano os 19.000 alumnos e alumnas”.

Unha chamada de atención para reverter a situación

A CIG-Ensino vén demandando desde hai anos que a Consellaría convoque oposicións de portugués en secundaria, recibindo sempre a negativa da Consellaría. O sindicato proporá para a vindeira oferta de emprego público que se oferten, cando menos, prazas para o cambio de especialidade.

Deste xeito, profesorado que agora mesmo imparte esta materia ou outro que estivese disposto a facelo podería acceder a esa nova especialidade e ocupar, nalgúns casos, prazas de portugués nos cadros de persoal dos IES, promovendo deste xeito o avance dos docentes de portugués e favorecendo o incremento da demanda. “Mais é obvio que sen unha campaña decidida por parte da Consellaría de Educación e unha oferta ampla do portugués, comezando polo profesorado que pode impartilo, non se poderán superar uns límites que o propio goberno galego impón”.

 

RELACIÓN DE CENTROS E NÚMERO DE ALUMNADO QUE CURSAN PORTUGUÉS. FONTE: Consellaría de Educación.

Provincia

Concello

Titularidade

Centro

alumnado

A Coruña

A Coruña

Público

EPAPU Eduardo Pondal

49

A Coruña

A Laracha

Público

IES Agra de Leborís

14

A Coruña

Cabana de Bergantiños

Público

CPI As Revoltas

6

A Coruña

Carballo

Público

IES Alfredo Brañas

20

A Coruña

Culleredo

Público

IES Universidade Laboral

14

A Coruña

Curtis

Público

EPAPU de Teixeiro

15

A Coruña

Melide

Público

IES de Melide

96

A Coruña

Mesía

Público

CPI de Xanceda

22

A Coruña

Neda

Público

IES Fernando Esquío

5

A Coruña

Negreira

Público

IES Xulián Magariños

24

A Coruña

Ordes

Público

IES Nº 1

23

A Coruña

Ordes

Público

IES Plurilingüe Maruxa Mallo

22

A Coruña

Rianxo

Público

IES Félix Muriel

75

A Coruña

Santiago de Compostela

Público

IES Arcebispo Xelmírez I

47

A Coruña

Santiago de Compostela

Público

IES San Clemente

193

A Coruña

Santiago de Compostela

Público

IES Lamas de Abade

3

A Coruña

Santiago de Compostela

Público

IES Arcebispo Xelmírez II

6

A Coruña

Santiago de Compostela

Público

IES Antonio Fraguas Fraguas

34

A Coruña

Santiago de Compostela

Público

IES As Fontiñas

6

A Coruña

Teo

Público

IES de Cacheiras

93

A Coruña

Vimianzo

Público

IES Terra de Soneira

38

Lugo

Burela

Público

IES Perdouro

10

Lugo

Chantada

Público

IES Lama das Quendas

15

Lugo

Foz

Público

IES de Foz

13

Lugo

Guitiriz

Público

IES Poeta Díaz Castro

43

Lugo

Lugo

Público

IES Nosa Sra. dos Ollos Grandes

30

Lugo

Lugo

Público

IES Ánxel Fole

93

Lugo

Ribadeo

Público

IES de Ribadeo Dionisio Gamallo

127

Ourense

Allariz

Público

IES de Allariz

9

Ourense

Bande

Público

IES Aquis Querquernis

22

Ourense

O Barco de Valdeorras

Público

IES Martaguisela

23

Ourense

Ourense

Público

IES 12 de Outubro

18

Ourense

Ourense

Público

IES O Couto

49

Ourense

Verín

Público

IES Xesús Taboada Chivite

12

Ourense

Xinzo de Limia

Público

IES Cidade de Antioquía

8

Pontevedra

A Estrada

Público

IES Nº 1

22

Pontevedra

A Guarda

Público

IES A Sangriña

118

Pontevedra

As Neves

Público

IES Pazo da Mercé

7

Pontevedra

Bueu

Público

IES Illa de Ons

5

Pontevedra

Caldas de Reis

Público

CPI Alfonso VII

26

Pontevedra

Caldas de Reis

Público

IES Plurilingüe Aquis Celenis

65

Pontevedra

Cangas

Público

IES María Soliño

18

Pontevedra

Cuntis

Público

CPI Aurelio Marcelino Rey García

7

Pontevedra

Gondomar

Público

IES Plurilingüe Terra de Turonio

11

Pontevedra

Moańa

Público

IES Plurilingüe A Paralaia

50

Pontevedra

Mos

Público

IES de Mos

29

Pontevedra

O Porrińo

Público

IES Ribeira do Louro

25

Pontevedra

Ponteareas

Público

IES do Barral

116

Pontevedra

Pontevedra

Público

IES Luís Seoane

1

Pontevedra

Pontevedra

Público

EPAPU Río Lérez

15

Pontevedra

Tomińo

Público

IES Antón Alonso Ríos

61

Pontevedra

Tui

Público

IES San Paio

60

Pontevedra

Tui

Público

IES Indalecio Pérez Tizón

53

Pontevedra

Valga

Público

IES de Valga

35

Pontevedra

Vigo

Público

IES Politécnico de Vigo

52

Pontevedra

Vigo

Público

IES Álvaro Cunqueiro

27

Pontevedra

Vigo

Público

IES Valadares

45

Pontevedra

Vilagarcía de Arousa

Público

CEE de Vilagarcía de Arousa

1

Pontevedra

Mondariz-Balneario

Privado

CPR Cemar

1

Pontevedra

Vigo

Privado

CPR Plurilingüe San Blas - Vista Alegre

1

 

 

 

 

2128

 

 

 

Volver