Folga en Ferroatlántica

Cee -

A xornada de folga nas fábricas de Ferroatlántica de Cee, Dumbría e as centrais hidroeléctricas está rexistrar un seguimento practicamente do 100% na quenda da mañá, tamén entre os traballadores e traballadoras das empresas auxiliares (ás que se estende a convocatoria do paro).

O persoal agradece a solidariedade amosada polos compañeiros e compañeiras das fábricas que o grupo ten en Francia, e que hoxe tamén están chamados/as á folga. Nun comunicado remitido ao Comité de Ferroatlántica, a CGT francesa reclámalle a empresa, entre outras cuestións, "o abandono do proxecto de venda das centrais hidroeléctricas".

Volver