Galiza di “NON” ao preacordo de convenio de Centros de Chamadas
1.500 traballadores/as do sector participaron no referendo convocado pola CIG
Máis de 1.500 persoas participaron este martes, día 2 de maio, no referendo convocado pola CIG-Banca entre o persoal dos Centros de Chamadas. A federación avalía moi positivamente a participación e o resultado e considera que “trunfou a democracia sindical fronte a un modelo déspota que exclúe aos traballadores e traballadoras da toma de decisión sobre a sinatura de acordos que lle afectan”.
No proceso de votación celebrado na xornada de onte participaron un total de 1.504 persoas. O rexeitamento ao preacordo de convenio foi dun abrumador 95,3% e só o 4,1% manifestaron o seu apoio.
Os resultados a nivel nacional foron os seguintes:
VOTOS
NON
%
SI
%
BRANCOS
NULOS
1.504
1.433
95.3%
62
4.1%
6
3
Por empresas foi:
Empresa
Total votos
Non
Si
Branco
Nulo
Bosch
547
530
17
0
0
Prosegur
53
50
3
0
0
UTE - ContactNova
51
50
0
0
1
Unitono
86
74
9
2
1
Teleperformance
123
115
8
0
0
Atento
112
111
0
0
1
Unísono
177
165
10
2
0
Abante Lugo
68
62
5
1
0
Extel
266
257
8
1
0
DXC Technology
21
19
2
0
0
Total Sector
1504
1433
62
6
3
Este resultado é, para a CIG-Banca, “contundente e claro” e constata que “o persoal en Galiza rexeita os termos do Preacordo de Convenio asinado polas cúpulas directivas de CCOO, UGT e as empresas. Darémoslle traslado, xa que entendemos que debería ser un motivo de reflexión”.
Lexitimidade
A CIG-Banca advirte ademais de que se alguén quere quitarlle lexitimidade a este resultado das urnas, “simplemente dicirlle que se atreva a poñelas para que vote todo o persoal afectado por un mal Preacordo”.
Denuncia que “as maiores ditaduras da historia prohibiron aos sindicatos e da súa actividade, por iso democracia e movemento sindical deberían ir sempre da man” e considera que “os sindicatos deberíamos coincidir en desterrar un modelo paternalista, no que uns elixidos deciden por todos e todas. A democracia representativa burguesa non pode ser un modelo para a clase traballadora”.
Convenio
A CIG xa manifestou no seu momento o seu rexeitamento ao preacordo de convenio colectivo que foi asinado o venres 31 de marzo por CCOO, UGT e a patronal das empresas Contact Center (CA) porque provocará para as traballadoras e traballadores perda de poder adquisitivo; non avanza na estabilidade no emprego e dá un maior poder para as empresa en materias tan sensíbeis como os horarios.