II Encontro Nacional de Mulleres da CIG

- 25 Nov 2016

Este venres, estase celebrando en Compostela o II Encontro Nacional de Mulleres da CIG co obxectivo de continuar debatendo sobre a situación sociolaboral das mulleres e as nosas alternativas,  afondando nesta ocasión na problemática do acoso e o resto de violencias machistas que se producen no traballo.

Ao remate, con motivo do Día Internacional para a Eliminación da Violencia Contra as Mulleres, vaise realizar unha marcha a pé e unha concentración de delegadas da CIG diante dos edificios da Xunta en San Caetano.