Manifestación do persoal de Maderas Iglesias en Vigo

Reafirman a vontade de continuaren en folga até cobraren os salarios adebedados

O Porriño -

O persoal de Maderas Iglesias manifestose esta mañá en Vigo na 16ª xornada de folga indefinida, reafirmando a súa vontade de loita para esixir o pagamento dos salarios adebedados e un futuro para os 200 postos de traballo.

Percorreron o traxecto entre a casa dun dos donos da empresa e a Xunta de Galiza, realizando unha parada no hotel NH, tamén da familia propietaria.

Tal e como afirmaron onte en asemblea, tras rexeitar o resultado da mediación, xa non confían nas novas promesas da dirección. Mañá, xoves, levarán a cabo unha nova xuntanza para analizar o camiño a tomar tras o novo cenario creado.

[GALERÍA NO INTERIOR]

Volver