Manifestación en Monforte

Monforte -

No marco das accións previas ao Primeiro de Maio e dentro da campaña pola recuperación dos dereitos roubados, a CIG de Lugo-A Mariña realizou unha mobilización este mércores polas rúas de Monforte para esixir a derrogación das reformas antiobreiras.

Na protesta denunciouse que nos últimos oito anos os diferentes gobernos do PP e do PSOE atacaron por medio de reformas lexislativas os principais dereitos conquistados pola clase traballadora, que é preciso derrotar. Por iso, dende a Unión Comarcal chaman a continuar na loita e a participar nas manifestacións convocadas pola central sindical co gallo do Día Internacional da Clase Obreira.

Volver