Manifestacións en Pontevedra, Vilagarcía e A Estrada a prol da recuperación dos dereitos perdidos

Pontevedra/Salnés - 18 Feb 2017

Varios centos de persoas botáronse á rúa hoxe en Pontevedra, Vilagarcía e na Estrada convocadas pola CIG no marco da campaña a prol da recuperación dos dereitos laborais e sociais roubados á clase traballadora co pretexto da crise. Nas tres localidades celebráronse manifestacións a última hora da tarde para reclamar un cambio radical nas políticas económicas e a derrogación das contrarreformas antiobreiras aplicadas polo PP e polo PSOE.