Medio milleiro de persoas percorreron as rúas de Vigo en apoio da loita do persoal de Maderas Iglesias

O comité reclama o pago dos salarios pendentes, o remate dos ERE e o mantemento do emprego
Vigo - 23 Out 2017

Arredor de medio milleiro de persoas participaron este sábado en Vigo na manifestación convocada polo comité de Maderas Iglesias, empresa do Porriño dedicada á fabricación de tarima flotante que atravesa unha situación crítica, para reclamar o abano dos nóminas pendentes, o remate dos ERE presentados e medidas que garantan o mantemento do emprego.

“Queremos traballar pero tamén cobrar” ou “Maderas Iglesias solución” foron algunhas das consignas que se poideron escoitar durante unha marcha que se iniciou cunha concentración diante da vivenda do empresario, nas inmediacións da Praza dos Cabalos, e que concluíu ás portas do hotel NH, establecemento do que é socio.

A representación dos traballadores/as (CIG, CCOO e UGT) denunciou a actitude do empresario, de aberta hostilidade contra o cadro de persoal, e censurou en sete anos non fose quen de atopar unha solución á grave crise que padece a empresa. Ademais, expresou a súa vontade de continuar coas protestas até lograr que as súas demandas sexan atendidas.