Incremento do paro en todos os sectores e idades (2.197 persoas máis) e caída da afiliación á Seguridade Social en 6.169 persoas marcan os datos do paro rexistrado do mes de setembro. Se ben é habitual que aumente o desemprego neste mes ao coincidir co remate do período estival, e polo tanto coa caída de actividade no sector servizos, non é habitual que no resto dos sectores se produza un incremento do paro como ocorreu este ano.
Con esta evolución, o número de persoas inscritas como desempregadas no SEPE en Galiza acada as 144.109, un 1,55% máis que no mes de agosto. Isto supón que no noso país medrou tres veces máis o desemprego que a media do Estado (0,60%).
Esta subida produciuse, ademais, en todas as provincias, en todos os sectores, en todas as idades e, tanto en homes como en mulleres. Aínda que as mulleres seguen a estar máis castigadas e xa supoñen o 56% das persoas paradas en Galiza.
|
|
|
|
Evolución
|
|
|
|
2022
|
2022
|
Mensual
|
|
|
Sexo
|
Agosto
|
Setembro
|
Absoluta
|
%
|
|
Homes
|
58.113
|
59.078
|
965
|
1,66
|
|
Mulleres
|
83.799
|
85.031
|
1.232
|
1,47
|
|
|
141.912
|
144.109
|
2.197
|
1,55
|
Fonte: SEPE
O groso da caída produciuse no sector servizos, mais no resto de actividades tamén se rexistraron leves incrementos, feito que non é habitual, salienta o secretario confederal de Emprego da CIG, Francisco González Sío, xa que neste mes adóitase crear emprego nos sectores primario, industria e construción.
|
|
|
|
Evolución
|
|
|
Sectores
|
2022
|
2022
|
Mensual
|
|
|
|
Agosto
|
Setembro
|
Absoluta
|
%
|
|
S primario
|
4761
|
4776
|
15
|
0,32
|
|
Industria
|
14.957
|
15.048
|
91
|
0,61
|
|
Construción
|
9.919
|
9.945
|
26
|
0,26
|
|
Servizos
|
100.747
|
102.974
|
2.227
|
2,21
|
|
Sen emprego anterior
|
11.528
|
11.366
|
- 162
|
-1,41
|
|
|
141.912
|
144.109
|
2.197
|
1,55
|
Fonte: SEPE
A caída da afiliación triplica o medre do desemprego
Resulta especialmente preocupante a caída da afiliación á Seguridade Social, que case triplicou o medre do desemprego ao acadar as 6.169 persoas menos afiliadas en alta que no mes de agosto. Esta perda, que afectou a todas as provincias, supón que hai preto de 4.000 persoas que quedaron sen traballo pero que non se anotaron no SEPE, unha realidade que o secretario confederal de Emprego da CIG, Francisco González Sío, relaciona coa falta de políticas públicas efectivas para paliar a crise que golpea de cheo á clase traballadora.
|
Afiliación á SS
|
2022
|
2022
|
Mensual
|
|
|
|
Agosto
|
Setembro
|
Absoluta
|
%
|
|
A coruña
|
453.777
|
451.575
|
- 2.202
|
-0,49
|
|
Lugo
|
125.672
|
124.425
|
-1.247
|
-0,99
|
|
Ourense
|
104.400
|
104.309
|
-91
|
-0,09
|
|
Pontevedra
|
371.482
|
368.853
|
- 2.629
|
-0,71
|
|
Total
|
1.055.331
|
1.049.162
|
-6.169
|
-0,58
|
Fonte: Seguridade Social
Esta ausencia de medidas implica que afrontamos o cuarto trimestre do ano nunha situación peor "cando en teoría os peores datos aínda están por chegar". Neste senso, Sío advirte do empobrecemento xeneralizado das traballadoras e traballadores polos baixos salarios e o medre imparábel da carestía da vida. Sobre esta cuestión, apunta ao enorme problema xerado pola paralización da negociación colectiva, que bloquea, á súa vez, incrementos salariais dignos que garantan o mantemento do poder adquisitivo.
Sío engade que esta perda de capacidade adquisitiva leva a unha caída da demanda que ten especial impacto no sector servizos, que foi no que máis emprego se destruíu no mes de setembro e o que primeiro que sofre as consecuencias da crise.
A trampa do contrato fixo-discontinuo
No que atinxe á contratación, a pesar do medre do desemprego, continuou sendo elevada, e foron 81.005 os contratos inscritos en Galiza no mes de setembro. Un 35,5% destes con carácter indefinido, mais a contratación temporal (no que ten a ver cos contratos temporais por circunstancias da produción e de substitución, que antes eran de interinidade) mantense en porcentaxes semellantes a antes da última reforma.
Porén, González Sío alerta da parcialización do emprego, xa que na contratación indefinida máis do 60% dos contratos son a tempo parcial, a tal punto que o número de contratos fixos-discontinuos asinados é practicamente igual ao dos contratos indefinidos ordinarios a tempo completo.
Aínda que as traballadoras e traballadores fixos-discontinuos contabilizan como indefinidos, a realidade é que parte do ano están en situación de desemprego, en moitas ocasións sen ter xerado o dereito á percibir prestación e, polo tanto, sen percibir ingresos. "Non se pode pretender considerar como traballo estábel a quen bota parte do ano sen emprego e sen ingresos", apunta Sío, avanzando que "asistimos a unha caída das rendas, posto que o único que se fixo foi transvasar os contratos por obra e servizo a fixos-discontinuos".
Sobre a contratación indefinida, o secretario confederal de Emprego da CIG alerta da nova forma de despedimento que está a aplicar a patronal, aproveitándose dos cambios introducidos na reforma laboral: non pasar o período de proba. Esta modalidade xa supón o 10% da contratación indefinida que se fai en Galiza.
Denuncia a falsa idea que se está a xerar dun mercado de traballo estábel "cando o 10% dos contratos indefinidos asinados rematan por non cumprir o período de proba e, daquela, sen indemnización nin dereito ningún, empeorando así a precariedade laboral".