O mes de outubro rematou en Galiza cun total de 181.307 persoas rexistradas como desempregadas no SEPE, un 2,68% máis que no mes de setembro, o que equivale a 4.733 novos parados e paradas. Chama a atención que porén, con respecto a febreiro, mes anterior ao confinamento, hai rexistradas 15.078 persoas desempregadas máis. Na media do Estado o medre foi inferior, do 1,31%, o que equivale a 49.558 persoas paradas máis, situándose o total en 3.826.043 persoas paradas.
Para a CIG estamos diante dunha situación moi preocupante porque o desemprego non deixa de se incrementar sen que se articulen medidas que permitan reverter a situación e paliar o medre da pobreza e da exclusión social.
Neste sentido, o secretario confederal de emprego, Fran Cartelle considera que mesmo o subsidio de 430 euros para persoas desempregadas que esgotaron as prestacións entre marzo e xuño é “claramente insuficiente” porque “non se ten en conta ás traballadoras e traballadores con contratos eventuais que foron despedidas ao comezo do estado de alarma, nin os fogares con todos so seus membros en paro”.
Renda de inserción laboral e social
Cartelle denuncia tamén o fracaso do chamado ‘ingreso mínimo vital’ e demanda a creación dunha renda de inserción laboral e social, na contía do SMI, para as persoas maiores de 18 anos que non cobren ningún tipo de prestación económica. Unha medida que se recolle no documento de “Propostas para facer fronte á crise para unha saída galega xusta” elaborado pola central sindical e que contempla facer un seguimento do itinerario persoal de orientación e formación profesional até a consecución dun posto de traballo no tempo máis breve posible.
A CIG defende ademais que, no caso de que a persoa cobrase unha prestación pública inferior ao SMI tería dereito a que se lle completase a diferenza.
O secretario confederal de Emprego insiste na urxencia de que se derroguen as reformas laborais e das pensións, “máis nun contexto como este”, para “evitar que as consecuencias económicas da pandemia non se intenten superar saqueando, novamente, á clase traballadora”.
Do mesmo xeito Cartelle reclama a inmediata recuperación das prestacións e subsidios por desemprego nos termos anteriores á reforma de 2012 porque “doutro xeito a pobreza seguirá medrando, cebándose especialmente coas persoas desempregadas”.
Os datos falan
O desemprego medrou en todas as provincias galegas aínda que Pontevedra foi a que sufriu o maior incremento neste último mes. Porén se comparamos co mes de febreiro, anterior xusto ao confinamento, é a provincia de A Coruña a que rexistra un volume maior no medre de desempregados/as.
|
Persoas paradas.
|
|
|
Evolución
|
|
| |
Febreiro
|
Setembro
|
Outubro
|
Mensual
|
outubro/febreiro
|
|
A Coruña
|
66.516
|
72.177
|
73.715
|
1.538
|
7.199
|
|
Lugo
|
16.265
|
17.419
|
18.059
|
640
|
1.794
|
|
Ourense
|
18.397
|
19.709
|
20.468
|
759
|
2.071
|
|
Pontevedra
|
65.051
|
67.329
|
69.065
|
1.736
|
4.014
|
|
Total
|
166.229
|
176.574
|
181.307
|
4.733
|
15.078
|
En todos os sectores medrou tamén o desemprego neste último mes. O de Construción é o que presenta un mellor comportamento e Servizos onde se rexistra o medre maior. De feito, con respecto a febreiro, tan só na construción hai anotadas menos persoas paradas que antes do inicio da pandemia.
|
Sectores
|
|
|
|
Evolución
|
|
| |
Febreiro
|
Stembro
|
Outubro
|
Mensual
|
outubro/febreiro
|
|
Industria
|
18.297
|
18.893
|
19.048
|
155
|
751
|
|
Construción
|
13.613
|
13.341
|
13.457
|
116
|
- 156
|
|
Servizos
|
114.987
|
122.191
|
125.889
|
3.698
|
10.902
|
O medre da afiliación na provincia da Coruña en 2.229 persoas neste último mes, compensa a perda de afiliación no resto das provincias e fai que remate o mes con 218 persoas afiliadas de media neste último mes.
Con respecto ao mes de febreiro, a caída da afiliación é de 554 persoas.
|
Afiliación á SS
|
|
|
Evolución
|
|
| |
Febreiro
|
Stembro
|
Outubro
|
Mensual
|
outubro/febreiro
|
|
A coruña
|
434.745
|
429.306
|
431.535
|
2.229
|
- 5.439
|
|
Lugo
|
121.313
|
122.047
|
121.690
|
- 357
|
734
|
|
Ourense
|
102.218
|
102.969
|
102.522
|
- 447
|
751
|
|
Pontevedra
|
354.077
|
357.476
|
356.269
|
- 1.207
|
3.399
|
|
Total
|
1.012.353
|
1.011.799
|
1.012.017
|
218
|
- 554
|
| |
|
|
|
|
|
Se ben neste último mes medrou máis o paro entre os homes que entre as mulleres, desde o inicio da pandemia, son as mulleres as que están sufrindo, en maior media, a lacra do desemprego.
| |
|
|
|
Evolución
|
|
|
Sexo
|
Febreiro
|
Setembro
|
Outubro
|
Mensual
|
outubro/febreiro
|
|
Homes
|
71.438
|
74.357
|
77.041
|
2.684
|
5.603
|
|
Mulleres
|
94.791
|
102.217
|
104.266
|
2.049
|
9.475
|
No que atinxe a contratación, rexistráronse 73.100 novos contratos, dos cales tan só o 9,2% o fixeron baixo algunha das modalidades de contratación indefinida. Se se comparan os datos co mesmo mes do ano anterior, a caída da contratación foi do 31%; o que dá unha idea da menor actividade neste momento que fai un ano.
Malia este desolador panorama a Xunta de Galiza “segue ausente, sen arbitrar medida algunha de protección diante do gravísimo deterioro das condicións de vida das galegas e galegos e incapaz de articular políticas que freen a destrución de emprego consecuencia do alarmante desmantelamento de sectores industriais claves para o noso país e do abandono do noso sector primario”, conclúe Cartelle.