• 2017-06-15 ProtestaIndultoCarlosSerafinVigo01.jpg
  • 2017-06-15 ProtestaIndultoCarlosSerafinVigo02.jpg
  • 2017-06-15 ProtestaIndultoCarlosSerafinVigo03.jpg
  • 2017-06-15 ProtestaIndultoCarlosSerafinVigo04.jpg
  • 2017-06-15 ProtestaIndultoCarlosSerafinVigo05.jpg

A solidariedade con Carlos e Serafín non cesa

Novo acto en Vigo para reclamar o indulto para os dous traballadores

Vigo -

Carlos Rivas e Serafín Rodríguez levan máis de tres anos reclamándolle ao Goberno español do PP que lles conceda un indulto que evite a súa entrada en prisión. O seu delito, ter participado na folga provincial do Transporte de Pontevedra en 2008. Dende que foron condenados a tres anos sucédense os actos de apoio e solidariedade cos dous traballadores, con concentracións mensuais e iniciativas institucionais.

O exterior do Marco de Vigo, na rúa do Príncipe, acolleu onte unha nova concentración convocada pola CIG, CCOO e UGT para esixir unha medida de graza que evite a súa entrada na cadea. Ducias de solidarios/as volveron lembrar a berros que “Non son ladróns, son traballadores” e a demandar o “Indulto xa” porque “Carlos e Serafín somos todos/as”.

Volver