"Non son ladróns, son traballadores!"

Unha nova concentración en Vigo reclamou o indulto para Carlos e Serafín
Vigo - 22 Set 2017

Ducias de solidarios/as volveron este xoves ás rúas de Vigo tras as vacacións estivais para reclamarlle ao Goberno español que lle conceda o indulto a Carlos Rivas e Serafín Rodríguez, os dous traballadores condenados a tres anos de prisión por participar na folga provincial do transporte en 2008.

Durante a mobilización convocada polas centrais CIG, CCOO e UGT, que se desenvolveu diante do Marco, na rúa Príncipe, de 20:00 a 20:30 horas, berráronse consignas como “Non son ladróns, son traballadores”, “Carlos, Serafín, indulto xa” “A represión non é a solución” ou “Indultan banqueiros, condenan obreiros”.