• 18-04-10 ProtestaConvenioPovisa01.jpeg
  • 18-04-10 ProtestaConvenioPovisa02.jpeg
  • 18-04-10 ProtestaConvenioPovisa03.jpeg
  • 18-04-10 ProtestaConvenioPovisa04.jpeg

Nova mobilización en Povisa para reclamar a negociación do convenio colectivo

As centrais denuncian que o acordo laboral leva “conxelado” dende hai oito anos

Vigo -

Traballadores/as e delegados/as sindicais de Povisa continuaron hoxe coas protestas para reclamar a negociación dun novo convenio colectivo, xa que o actual leva “conxelado” dende o ano 2010. Ademais, as centrais convocantes -CIG, CCOO e CGT-SGPS- denuncian que a dirección do hospital privado vigués está a aplicar reducións de xornada ao tempo que aumenta a carga de traballo, xa que o mesmo persoal ten que atender máis usuarios/as.

As concentracións ás portas do centro sanitario continuarán este xoves 12 de 14:00 a 15:30 horas Durante as mobilizacións o persoal aproveitará para “ir planificando” outras medidas de presión co obxectivo de reclamar avances na negociación do convenio tras oito anos de parálise.

Volver