Nova mobilización en Vigo este xoves para reclamar o indulto a Carlos e Serafín

A concentración terá lugar diante do Marco ás 20.00 horas

Vigo -

A CIG, CCOO e UGT convocan hoxe xoves unha nova concentración para reclamar o indulto a Carlos Rivas e Serafín Rodríguez diante do Marco de Vigo ás 20.00 horas. Dende as centrais denuncian que os dous traballadores levan máis de tres anos agardando por unha medida de graza que evitaría a súa entrada na cadea por ter participado na folga provincial do transporte en 2008.

Volver