O Comité de Hércules de Armamento e Industria analizan a posibilidade de crear unha Mesa de Traballo

Na busca de posíbeis solucións para garantir o emprego e a actividade produtiva na fábrica de armas

A Coruña -

O Comité de Hércules de Armamento mantivo onte unha reunión en Compostela con responsábeis da Consellaría de Industria na que se analizou a posibilidade de crear unha Mesa de Traballo, na que estean presentes as distintas administracións implicadas nunha posíbel solución para a fábrica de armas.

A xuntanza, en resposta á solicitude cursada pola representación social, tivo un carácter "preparatorio"  para un posterior encontro co conselleiro de Industria. Dende o Comité demándase da administración galega a elaboración dun Plan que garanta os postos de traballo e o mantemento da actividade produtiva na fábrica de armas da Coruña, hoxe Hércules de Armamento.

Así as cousas, a asemblea de traballadores/as acordou adiar o calendario de mobilizacións previsto, concedendo unha marxe de 15 días. Así mesmo, dada a incerteza sobre o futuro laboral e industrial da fábrica, decidiuse solicitar unha reunión co Delegado de Defensa para abordar a situación e coordinar as actuacións precisas.

Volver