O comité de Viza mobilízase contra os incumprimentos da empresa

A compañía de automoción con sede no Porriño non aplica os acordos asinados
O Porriño - 22 Feb 2018

O comité de Viza, empresa da automoción con sede no polígono porriñés das Gándaras, desenvolveu hoxe unha concentración diante das instalacións da compañía para rexeitar os incumprimentos da dirección no que respecta aos acordos asinados en materia de prevención, contratación e xornada. Ademais, critican a falta de información ao comité e a pouca aplicación e a falta de implicación da empresa no plan de igualdade.