O comité do Concello de Mugardos solicitará o AGA para desbloquear a sinatura do convenio

Mugardos -

O comité do persoal laboral do Concello de Mugardos acordou pedir a mediación do AGA para desbloquear o asinamento do convenio colectivo, despois dunha negociación de case tres anos. Aínda que a sinatura do marco regulador por aprobado o pasado 10 de novembro por todas as partes e grupos políticos municipais, a día de hoxe segue sen ser efectivo.

A decisión do comité chega tras unha "nova convocatoria frustrada para acordar a firma do convenio" e "diante da esterilidade das mesas de negociación". Neste senso, critican que a día de hoxe a alcaldesa de Mugardos "aínda non explicou cal é o verdadeiro motivo para non asinalo, levalo a pleno para aprobalo e rexistralo".

Os traballadores e traballadoras, como veñen facendo dende o mes de febreiro, realizaron este xoves unha nova concentración diante do Concello na que foron informados por parte das organizacións sindicais asistentes á mesa de decisión adoptada, "a cal foi apoiada polo persoal".

Volver