O duro proceso do reaxuste capitalista mundial

Enrique Muñoz Gamarra -

A gran crise económica xa vai asumindo ao seu décimo ano. Un tempo considerábel no que maduraron algunhas disxuntivas. A extracción, en realidade roubo, de enormes plusvalías ao proletariado foron contendo polo momento a total creba do sistema capitalista. Non esquezamos que a metade da poboación mundial, é dicir, 3.500 millóns de persoas viven con só 2,5 dólares ao día

En principio a historia segue o seu curso. É bo ter en conta sempre a continuidade histórica. Sen ela perdemos as perspectivas e consecuentemente caemos na confusión e a apatía.

 Certamente, a historia avanza no medio dunha chea de feitos. Isto foi moi acelerado desde o 2008, particularmente, do 2016, pasando polo cambio do réxime de Estados Unidos até a actualidade. Por iso falamos das fenomenais mudanzas que abalaban o planeta.

 Non esquezamos que o sistema capitalista desde o ano 2008 está nun importante reaxuste. Isto corre no medio da gran crise económica e a paridade estratéxica, orixinando unha nova estrutura económica capitalista encabezada por China, un novo sistema internacional baseado na multipolaridade e unha furibunda carreira armamentística.

 Porén, a gran crise económica aínda non tocou fondo, o que demostra que aínda queda un longo treito por avanzar e esa é a razón da actual gran desesperación estadounidense que tenta nestes avatares as súas últimas padexadas por recuperar aquel status perdido. Así, os estadounidenses non se resignan e están a vender moi cara a súa sorte como nunca antes o fixeran.

 Agora ben, expliquemos como avanza este proceso:

I.- A IMPORTANCIA DO RECOÑECEMENTO DA BANCARROTA ECONÓMICA DE ESTADOS UNIDOS:

 Certo, unha premisa moi seria que debe conducirnos a unha visión moi clara da situación mundial é o recoñecemento da bancarrota económica dos Estados Unidos.

 En realidade, a economía mundial estivo desde o ano 2008 nunha aterraxe forzosa que os economistas neoliberais e keynesianos se encargaron de agochar. Só isto pode explicar a bancarrota económica estadounidense e as enormes mudanzas habidas ultimamente no planeta.

 Foi tal a intensidade daquela aterraxe forzosa que conduciu a Estados Unidos despois da súa bancarrota económica, á perda da súa hexemonía mundial e a implosión do dominio imperialista occidental. A sobre-acumulación de capitais foi enorme. Os principais bancos monopólicos estadounidenses esmorecen agora mesmo saturados por estes capitais tóxicos. Esta é unha realidade que CNN, The New York Times, Al Jazzera, etc., endexamais o dirán. Cómpre ser claros nisto.

 As súas fanfurriñadas, o proteccionismo e cada un dos shows que argalla Washington a través de Donald Trump, é pura guerra informativa, pois non ten outra saída; simplemente está á deriva como expliquei noutras notas.

 Certamente, as provocacións do exército estadounidense foron constantes. A súa opción fascista, con enormes atrasos, está en pleno proceso desde o 11 de setembro do 2001 pasando por 2010 cando deu inicio á “Primavera Árabe”. Non esquezamos que os seus aparellos paramilitares, as súas células dormentes, están en case todas as rexións do planeta.

 Así, está sumido nunha encrucillada e á deriva como nunca o estivo. A súa economía e a súa ideoloxía están en bancarrota. Non hai unha epistemoloxía coherente que dea vida a toda esa monstrosa estrutura fascista esparexida en case todas as rexións do planeta. Consecuentemente Estados Unidos esta aferrada á súa vella xeopolítica de provocacións e máis provocacións, esmagada pola paridade estratéxica (armamento nuclear e os seus portadores), incapaz de ir máis aló. Isto é moi claro nas súas provocacións na península coreana onde de feito foi esmagada pola RPDC.

 E neste contexto de agudas contradicións inter-imperialistas con enormes mudanzas que se baten sobre o planeta e cunha nova estrutura económica capitalista despois do 2008, un mínimo cambio cara a un ciclo económico longo de avance e prosperidade, esperada con enorme desacougo por todas as burguesías, pasa necesaria e obrigatoriamente polo afundimento económico dos Estados Unidos.

 Aquilo no inmediato debe traducirse no seu desprazamento definitivo da hexemonía mundial, pois trátase precisamente do centro supremo onde a crise económica e a desestabilización mundial se incuban e fermentan exponencialmente. Así, desde aí o bombeo de billetes sen valor que afogan o sistema financeiro internacional é monstruoso; é o paraíso fiscal sen precedentes da historia capitalista nesta fase do sistema, etc.

 E de aí que Donald Trump fose moi claro no seu discurso de toma de posesión o 20 de xaneiro de 2017 cando aceptou a bancarrota económica de Estados Unidos.

 Aquí algo sobre isto (segundo The Washington Post):

“Durante décadas, enriquecemos a industria estranxeira a expensas da industria americana; subsidiamos os exércitos doutros países mentres permitiamos o triste esgotamento dos nosos militares. defendemos as fronteiras doutras nacións e rexeitamos defender as nosas. Gastamos trillóns de dólares no estranxeiro mentres as infraestrutura americanas caían na degradación. Fixemos ricos a outros países mentres a riqueza, a fortaleza e a confianza do noso país se esvaeu no horizonte. Unha tras outra, as fábricas pecharon e fórose ao estranxeiro, sen dedicar un pensamento aos millóns e millóns de traballadores americanos aos que deixaban detrás. A riqueza da nosa clase media saíu fóra dos seus fogares e redistribuíuse ao longo de todo o mundo” (1).

II.- A TRANSCENDENCIA HISTÓRICA DO ANO 2016:

 Certamente, o ano 2016 foi de gran transcendencia. En realidade un fito, igual que o 2010. Neste ano fixéronse visíbeis, absolutamente notorios, os seguintes feitos:

 Primeiro, a bancarrota da economía estadounidense. Isto está corroborado a plena luz do día. Estados Unidos non pode resolver a gran presión que sente da crise económica. E peor aínda, non ten nin un plan para saír dela. Isto é desacougante para este país. O seu crecemento, se a isto se pode chamar crecemento, está desenvolvéndoo sobre a base das débedas.

 Segundo, a ascensión de China como primeira potencia capitalista do mundo. Isto está moi claro. Na actual gran crise económica que abala o mundo, polo menos este país ten unha axenda para sortear esta gran crise económica. Nisto é moi importante “A Franxa e a Rusta”.

 Terceiro, a ascensión de Rusia como primeira potencia militar baixo o sustento do seu posicionamento no armamento estratéxico.

 Cuarto a ascensión da RPDC como unha gran potencia nuclear e cuarta potencia militar do mundo.

 Por suposto isto sucedeu como reflexo do que se entretecía na economía mundial. E contra ela, para enfrontala ou detela, non hai medida nin plans que vallan.

 Finalmente o resultado de todo o anterior foi a implosión da arquitectura do dominio imperialista occidental ocorrida a finais do 2016. Esencia final da tremenda transcendencia deste ano (2016).

 Nisto é moi importante a entrada da conxuntura histórica que se vive dese o ano 2008 na súa terceira fase, que ao parecer é a súa fase decisiva. Este proceso está sustentado nunha serie de feitos gravitantes, por exemplo, o ingreso ao límite máximo no uso do armamento convencional no xenocidio sirio en xaneiro/febreiro de 2016, a paridade estratéxica, o sistema multipolar e o desprazamento de Estados Unidos na nova estrutura económica do sistema capitalista despois do 2008.

 Entón a partir de aí sobrevén a ofensiva estadounidense a fin de superar estes fracasos. A isto obedece a intensificación dos conflitos particularmente contra a RPDC. Todo isto no medio dunha frenética carreira armamentística.

III.- AS CATRO FRONTES DE CONFRONTACIÓN ABERTAS POR ESTADOS UNIDOS TRAS A PERDA DA SÚA HEXEMONÍA MUNDIAL:

 Estados Unidos é o gran provocador e belicista que está á fronte de varios puntos de confrontación. A orixe destes puntos de confrontación está na actitude asumida por Estados Unidos ante o seu desprazamento na nova situación mundial e orientada a restablecer aquel status.

 Porén, observándoa ben, estes puntos de confrontación deveñen en realidade como consecuencia da agudización das contradicións inter-imperialistas e da teima que asumen estes países imperialistas sobre todo o estadounidense contra a RPDC.

 Agora ben, falando dos puntos de confrontación no que está involucrado Estados Unidos como consecuencia das contradicións inter-imperialistas (China, Estados Unidos e Rusia) o conflito maior na actualidade está aberto entre Estados Unidos e Rusia, cando en realidade debía ser entre Estados Unidos e China por ser a contradición inter-imperialista principal da actualidade. Isto débese a certas particularidades da conxuntura actual, sobre todo, á defensiva estratéxica asumida por este país (China) que obriga a Washington a unha xeoestratexia fortalecida en primeiro lugar contra Rusia, isto é, por considerala unha potencia de segunda orde. Por suposto isto non vai quedar así indefinidamente. Non. Aquilo vai acenderse moi axiña, mesmo máis axiña do que nos imaxinamos, nunha gran pugna sanguenta polo control do mundo. Esta é unha lei do modo de produción capitalista do que non poderán salvarse nin Estados Unidos nin Rusia moito menos China.

 Así mesmo, cómpre non esquecer que cando falamos das catro principais potencias militares do planeta, non estamos negando a paridade estratéxica; facémolo só en función do desenvolvemento autónomo e independente dos mísiles intercontinentais (ICBM) e o armamento nuclear (armamento estratéxico) en cada un destes países. En realidade son armamentos que deciden a nova situación mundial.

 Esta é a razón pola que obviar a Francia, Inglaterra, A India, Paquistán e Israel. Nisto talvez podiamos considerar a Francia polo asunto do xeneral Charles de Gaulle; porén, analizándoo con profundidade este país na actualidade nin sequera é capaz de encabezar unha acción de liderado no contexto da Unión Europea, menos no que refire á OTAN.

 Finalmente tendo en conta que os puntos de confrontación que axita Estados Unidos proveñen das contradicións inter-imperialistas, da existencia da RPDC con armamento estratéxico e os desexos dos países imperialistas polo control do mundo, aqueles (puntos de confrontación) deveñen ou convértense en catro frontes, que son as seguintes:

 A primeira fronte está centrada contra a RPDC. Como dixemos máis arriba é a principal preocupación de Estados Unidos. Nese proceso involucrou tamén a Rusia e China, finalmente encaixándose na contradición capitalismo versus socialismo que aínda existe na actualidade. En efecto, por máis de catro décadas envelenárase humanidade con iso de que o socialismo desaparecera despois da implosión da ex URSS. Mais non. O socialismo existe. Demóstrao así a RPDC e aínda como unha cuarta potencia militar do mundo actual. Isto é moi importante.

 Certamente, a RPDC un país socialista xeograficamente pequeno pero moralmente xigante, recentemente deu unha gran lección ao decadente imperialismo estadounidense. A súa firmeza foi determinante para facelo volver á súa realidade e con iso aclarar definitivamente a nova situación mundial. E para completar isto, o 4 de xullo do 2017 lanzou o seu misil balístico intercontinental (ICBM) chamado Hwasong-14 con capacidade de portar oxivas nucleares a calquera punto do planeta. Con isto, sen dúbida, Estados Unidos sufriu unha derrota militar esmagadora.

 A segunda fronte é contra Rusia. Isto ocorre en Siria e o Leste de Ucraína. O conflito é moi forte. Malia a existencia de choques entre elas, o conflito é moi grave, sobre todo empurrado pola gran crise económica que agudiza as contradicións inter-capitalistas. Xa sabemos o que ocorre nestas dúas rexións, sobre todo, en Siria. Seica inflúen moito os seus choques, que conducen a graves ambigüidades. Non esquezamos que desde setembro de 2014 Estados Unidos inicia os bombardeos aéreos contra territorio sirio. Estaba envalentonado. Os seus fracasos viñeron desde setembro do 2015 cando Rusia intervén directamente no conflito sirio, aínda que sen a firmeza debida, pois logo incorre en moitas concesións no fundamental negándose a que Siria utilice toda a súa armamentística os mesmos que gravitan moi fortemente no alargamento do conflito. Agora isto levou practicamente a unha mercenarización do conflito con monstruosa manipulación informativa, no que mesmo Turquía pasa de forza anti-estadounidense e unha coalición internacional encabezada por Estados Unidos di “loitar” contra os seus propios enxendros paramilitares, mesmo lexitimados por algunhas prensas progresistas e que, aos poucos, están conducindo á balcanización de Siria malia as gloriosas fazañas do exército antiimperialista sirio.

 A terceira fronte é contra os países oprimidos. Neste caso é contra Venezuela en América Latina, Iemen entre Oriente Próximo e África (país bicontinental), etc.

 A cuarta fronte é contra China. Ante todo debemos saber que a principal contradición inter-imperialista da nova conxuntura mundial é entre Estados Unidos e China. Porén, polo momento Estados Unidos non se está a dar esta contradición no seu verdadeiro nivel. En realidade trátase de cuestións estratéxicas que no principal veñen da súa observancia da actitude defensiva asumida por China no asunto xeopolítico. Entón Estados Unidos veu utilizando a este país (China) para presionar en primeiro lugar á RPDC e en segundo lugar a Rusia, neste caso, pretendendo dividir a alianza estratéxica ruso-chinesa e considerando Rusia como unha superpotencia de segundo nivel. Con todo aquilo bate coa armamentística estratéxica rusa, que como sabemos é a primeira potencia militar o mundo xustamente polo seu considerábel posicionamento do armamento estratéxico, polo que a confrontación devén en moi difícil que tensiona moi gravemente o ámbito mundial.

 Non é posíbel esquecer que a defensiva militar de China foi gravitante no envalentonamento estadounidense dos últimos tempos que mesmo obstaculiza a nova estrutura económica do sistema capitalista mundial despois do 2008. En concreto China desde 2013, cando Xi Jinping promove a “Ruta da seda”, pasa a un periodo de defensiva militar.

 Por tanto, non esquezamos que estas son as catro frontes de confrontación abertas por Estados Unidos co fin de restablecer a súa hexemonía mundial perdida a finais do 2010.

IV.- PERSPECTIVAS XEOPOLÍTICAS:

 En primeiro lugar non esquezamos que a gran crise económica xa vai asumindo ao seu décimo ano. Un tempo considerábel no que maduraron algunhas disxuntivas. A extracción, en realidade roubo, de enormes plusvalías ao proletariado foron contendo polo momento a total creba do sistema capitalista. Non esquezamos que a metade da poboación mundial, é dicir, 3.500 millóns de persoas viven con só 2,5 dólares ao día, sen esquecer que máis de 1.300 millóns de persoas sofren extrema pobreza (viven con 1,25 dólares ao día), ademais, hai 805 millóns de persoas que pasan fame (2).

 É que até o de agora estas burguesías non entenderon que a gran caída do consumo mundial é por mor desta calamitosa situación? Seguen pensando que as loitas desas enormes masas non teñen algunha incidencia no futuro inmediato do mundo? Sinxelamente nas súas disipadas vidas esqueceron que a economía mundial non vira en torno a robots e sofisticadas máquinas, senón, en torno á actividade e debida capacidade de sobrevivencia de homes de carne e óso que se alimentan, educan, etc., noutras palabras, que consumen iso que se chama a produción social. Consecuentemente nin a economía mundial está no aire nin as burguesías son deusas que están nos ceos.

 Entón agora aclarado totalmente o novo rumbo da xeopolítica mundial, sobre todo, tras a derrota militar estadounidense na península coreana, dobremente selada logo da exitosa proba misilística do 4 de xullo do 2017 dun mísil balístico intercontinental (ICBM).

 Mais en xeral é bo ter en conta a transcendencia do ano 2016. Isto é moi importante. A notoriedade e a clara visibilidade de semellantes feitos narrados máis arriba (a bancarrota económica de Estados Unidos, a ascensión de China como primeira potencia capitalista do mundo, a ascensión de Rusia como primeira potencia militar e a ascensión da RPDC como unha gran potencia nuclear e cuarta potencia militar do mundo) son os sustentos da nova situación mundial e que no fondo constitúe o novo reaxuste do sistema capitalista mundial no que está o sistema desde o ano 2008.

 E nestas condicións as superpotencias capitalistas deben aceptar a existencia da RPDC, socialista e con armamento nuclear. Isto inscríbese nunha conxuntura especial e nunha situación en que a gran crise económica e a carreira armamentística seguen baténdose e a partir dela conducindo a esta conxuntura a unha situación moi difícil e incerta. Entón o desenlace final decidirao a loita de clases, pois o proletariado mundial non é ningún convidado de pedra, senón un ente activo, dinámico e revolucionario como o describiu Marx e Engels no Manifesto Comunista. Esta é a perspectiva a longo prazo que endexamais debemos perder de vista.

__________________________________________________________________________

NOTAS:

1.- “Lee aquí el discurso íntegro de Trump en su investidura”. Nota publicada o 20 de xaneiro de 2017, en: http://www.elperiodico.com/es/noticias/internacional/lee-aqui-discurso-integro-trump-investidura-575614

2.- “Los ‘dueños del mundo’ y su entramado de poder al descubierto”. Nota publicada o 15 de xaneiro de 2017, en: Rusia Today. https://actualidad.rt.com/actualidad/228535-duenos-mundo-entramado-poder

__________________________________________________________________________

 

[Artigo tirado do sitio web Kaos en la Red, do 10 de xullo de 2017]

 

Volver