O feminismo galego convoca concentracións nas cidades galegas en repulsa á violencia machista

As mobilizacións están previstas para o mércores 22, ás 20:00 horas
Nacional - 21 Feb 2017

A CIG fai un chamamento a participar nas mobilizacións convocadas polo feminismo galego para este mércores 22 de febreiro, ás 20:00 horas, en repulsa ao asasinato de María José Mateo García, en Redondela.

Desde a Confederación Intersindical Galega unímonos ao rexeitamento da violencia machista e facemos un chamamento á mobilización de toda a sociedade galega contra este feminicidio. Que o silencio non nos faga cómplices. Ningunha agresión pode quedar sen resposta.

Lugares das concentracións, ás 20 horas:
-A Coruña, Obelisco
-Compostela, Praza 8 de marzo /Porta do Camiño
-Ourense, Castañeira
-Pontevedra, Audiencia Provincial
-Lugo, na Praza do Concello
-Vigo, no Marco
-Ferrol, diante do Concello
-O Carballiño, diante do Concello
-Ribeira, Praza do Concello
-Bertamiráns, Praza da Maía
-As Pontes, diante do Concello
-A Ramallosa, cruce xunto o quiosco