O feminismo galego convoca concentracións o mércores 20 de xuño en repulsa á violencia machista

Terán lugar nas sete cidades e nas principais vilas de Galiza

Nacional -

A CIG fai un chamamento a participar nas mobilizacións convocadas polo feminismo galego para este mércores 20 de xuño, en dezasete localidades do país, en repulsa ao feminicidio de María Magdalena Moreira Alonso, de 47 anos, asasinada a tiros polo seu marido onte, no Porriño, o mesmo día que tiñan pensado asinar o divorcio.

Desde a Confederación Intersindical Galega unímonos ao rexeitamento da violencia machista e facemos un chamamento á mobilización de toda a sociedade galega contra este asasinato. Que o silencio non nos faga cómplices. Ningunha agresión pode quedar sen resposta.

Lugares e horas das concentracións:

- A Coruña, 20h no Obelisco

- A Estrada, 20h diante do Concello

- As Pontes, 20h Praza do Hospital

- Cangas, 12.30h Praza do Concello

- Compostela, 20h Praza 8 Marzo

- Ferrol, 20h diante do Concello

- Foz, 20h Praza Conde de Fontao

- Lugo, 20h diante do Concello

- Monforte, 20.30h Praza de España

- O Porriño, 20.30h Praza do Concello

- Ourense, 20h na Castañeira

- Pontevedra, 20h diante da Audiencia Provincial

- Redondela, 20.30h Praza da Constitución

- Ribeira, 21h Praza do Concello

- Viana do Bolo, 20h Praza Maior

- Vigo, 20h no MARCO

- Viveiro, 20h Praza da Fontenova

Volver