O pensamento do Che a debate, con Carlos Tablada, en Compostela e Vigo

Organizadas polo Comité Nacional Galego Ernesto Che Guevara

Nacional -

O Comité Nacional Galego Ernesto Che Guevara organiza dúas charlas coloquio sobre o pensamento do Che. A primeira terá lugar o día 1 de marzo, ás 20:00 horas, na Aula 4 da facultade de Filosofía, en Compostela. A segunda, ao día seguinte, 2 de marzo, tamén ás 20:00 horas, na Libraría Andel de Vigo.

As charlas correrán a cargo de Carlos Tablada, economista, escritor e pedagogo cubano, licenciado en Filosofía, Socioloxía e Doutor en Ciencias Económicas.

Tablada é ademais autor, entre outros, dos libros “O pensamento económico de Ernesto Che Guevara” e “O marxismo do Che”.

Volver