O persoal de Alcoa segue en loita polos seus empregos

Os traballadores e as traballadoras de Alcoa continúan na loita contra a decisión da empresa de pechar a fábrica da Coruña. Como todas as tardes, hoxe volveron concentrárse nas portas da factoría aluminio en defensa dos seus empregos e pola continuidade da actividade produtiva. O vindeiro luns, 29 de outubro, o persoal ten convocada unha marcha a pé dende as instalacións do polígono da Agrela até a Delegación do Goberno, na que animan a participar a toda a cidadanía.

>>>Accede para ver a galería de imaxes

Volver