O persoal de mantemento do CHUO convoca unha concentración diante da residencia vella este mércores

Os traballadores/as, que retomaron a folga indefinida, reclaman melloras laborais
- 19 Mar 2018

O persoal de Ferrovial Servizos, concesionaria do servizo de mantemento do Complexo Hospitalario Universitario de Ourense (CHUO), convoca unha nova mobilización para reclamar melloras nas condicións laborais e denunciar a discriminación que padecen con respecto a compañeiros/as doutros centros sanitarios de provincia.

Os empregados/as de Ferrovial, que retomaron a folga indefinida este pasado martes tras suspendela durante as negociacións coa empresa, desenvolverán unha concentración diante da porta principal da residencia vella este mércores 21 ás 10:00 horas. A decisión de volver á folga e ás mobilizacións foi adoptada en asemblea despois de que a dirección rebaixase a proposta inicial.