O persoal de mantemento do CHUO esíxelle a Ferrovial que remate coa discriminación laboral

Lembran que noutros centros sanitarios da provincia cobran un 10% máis de plus de toxicidade

Ourense -

O cadro de persoal de Ferrovial Servicios, concesionaria do servizo de mantemento do Complexo Hospitalario Universitario de Ourense (CHUO) vén de esixirlle á empresa que respecte o convenio colectivo do siderometal e que remate coa discriminación laboral, xa que por exemplo noutros centros sanitarios da provincia cobran un 10% máis de plus de toxicidade.

As reivindicacións fóronlle trasladadas hoxe aos responsábeis da compañía polo delegado de persoal nunha xuntanza na que tamén participou o secretario comarcal da CIG-Industria de Ourense, Indalecio Gómez. Ao remate do encontro, os representantes sindicais celebraron unha asemblea cos traballadores na que se acordou agardar até o vindeiro venres día 19, cando a empresa achegará as súas propostas por escrito.

O cadro de persoal tamén decidiu manter as reivindicacións iniciais, que pasan por que se respecte o vixente convenio provincial do siderometal e que se remate coa discriminación laboral con respecto a compañeiros/as que traballan noutros centros sanitarios da provincia, nos que por exemplo cobran un 35% de plus de toxicidade fronte ao 25% que ingresan os do CHUO “a pesar de que desenvolven o mesmo traballo”. Diante disto, a totalidade do cadro de persoal amosouse disposto “a chegar até as últimas consecuencias na defensa dos seus dereitos”.

>>NOVA RELACIONADA: O persoal de mantemento do CHUO convocará unha xornada de paro se Ferrovial segue a incumprir o convenio

Volver