Os Estados Unidos: entre o auxe do sindicalismo e a multiplicación da pobreza

Ruperto Concha - 16 Out 2023

Nestes momentos hai un estimación de máis de 340 mil traballadores en proceso de organizar sindicatos ou unirse a sindicatos xa existentes. E esa cifra concorda coa información oficial de que ao mes de setembro se crearon nos Estados Unidos 336 mil novos postos de traballo

 Nos Estados Unidos, contando soamente os sindicatos con máis de mil afiliados cada un, 42 deles estiveron en folga este ano… e chegaron a un acordo satisfactorio cos seus empregadores. Segundo as estatísticas de Washington, hai un aumento notábel e forte da actividade sindical que recorreu á paralización de actividades para demandar as súas reivindicacións.

 Nestes momentos, en só dúas folgas sindicais hai máis de 100 mil traballadores en paro: por unha banda, as ducias de miles de traballadores das grandes fábricas de vehículos de Chicago, que inclúen a General Motors, a Ford Motors Company e o grupo Stellantis, que produce alí os Chrysler, Dodge e Jeep, máis os Citroën, Peugeot, Opel, Vauxhal, Fiat e Alfa Romeo.

 E, ao sur oeste, os 75 mil traballadores da saúde da empresa Kaiser Permanente, que acaba de ofrecer un aumento do 4% de todos os salarios, que foi rexeitado polos sindicatos que exixen unha suba do 6.5%

 O senador Bernie Sanders, único socialista no Congreso dos Estados Unidos, foi visitar os dirixentes para expresar o apoio de varios senadores e deputados, e declarou ante a prensa: “esta organización empresarial permítese pagarlle máis de 15 millóns de dólares ao seu Director Executivo, como non mostra un mínimo de respecto polos seus traballadores?”.

 Pola súa banda, a deputada Cory Bush expresou nas redes sociais: “hoxe 75 mil traballadores de Kaiser Permanente abandonaron os seus postos de traballo, iniciando a folga de atención médica máis grande da historia dos Estados Unidos. Solidarízome con eles na súa loita!”.

 Paralelamente, informouse de que nestes momentos hai un estimación de máis de 340 mil traballadores en proceso de organizar sindicatos ou unirse a sindicatos xa existentes. E esa cifra concorda coa información oficial de que ao mes de setembro se crearon nos Estados Unidos 336 mil novos postos de traballo.

 Como se ve este movemento social dos traballadores, no contexto crítico da máis ben insalubre  economía dos Estados Unidos?

 O economista David Goldman, da prestixiosa revista Asia Times, con base en Singapur, expresa o seu asombro de que inesperadamente se xeren 336 mil novos empregos nun só mes, en momentos en que os Estados Unidos están sumidos nun déficit financeiro xigantesco. Cando o Goberno tivo que distribuírlle diñeiro á xente en tal cantidade que de cada 10 dólares que un estadounidense gasta, 2,50 dólares son axuda do Goberno.

 O economista Goldman sinala que nos últimos catro anos o Goberno distribuíu á xente algo máis de 15 millóns de millóns de dólares. Esa suma equivale a máis da metade do valor do produto anual de toda a economía estadounidense.

 En tanto, a balanza comercial internacional dos Estados Unidos seguiu invariabelmente en déficit, pois abastécese mediante importacións que valen bastante máis que as exportacións dos Estados Unidos a outros países do mundo.

 Iso levou a que os Estados Unidos este ano tivesen que pedir prestados outros dous millóns de millóns de dólares. Nos últimos tres anos tivo que pagar máis de 20 millóns de millóns de dólares… só á conta dos intereses polo que xa tivo que pedir prestado mediante os seus pagarés ou bonos soberanos.

 Pola súa parte, o economista Justin Hawkins, da FOX International, destaca como o goberno de Joseph Biden optou por continuar a política interna do presidente Donald Trump, cun aumento enorme do gasto e a distribución de diñeiro á xente, mediante bonos, vales de compras nos supermercados e outros métodos.

 Esa repartición de diñeiro tivo por efecto deter a inflación desatada. Pero non logrou facer que os prezos baixasen. A xente tivo que seguir pagando os enormes prezos que chegaron a ser até tres veces do que os produtos custaban un mes atrás.

 Por iso é polo que moitísima xente tivo que recorrer cada vez máis aos seus cartóns de crédito para facer as súas compras ou para pagar as súas débedas. Con iso, moita xente está pagando xuros con diñeiro polo que terá que pagar máis xuros.

Un camiño cara á pobreza

 Entrementres, os efectos da pandemia, as sancións ao comercio internacional e o aumento do custo da enerxía inevitabelmente atinxiron as economías do resto do mundo. E nos países pobres a tormenta foi peor.

 Por iso é polo que o patético asunto dos emigrantes se intensificou. No caso de América Latina, os grandes grupos de emigrantes crioulos de Haití, América Central, Colombia, Bolivia, Ecuador e Venezuela, foron aumentando aínda máis con emigrantes africanos que tentan chegar aos Estados Unidos a través de México.

 Segundo cifras do Goberno, agora mesmo hai 46 millóns de inmigrantes que conseguiron instalarse dalgún xeito nos Estados Unidos. A eles hai quen engadir máis de 200 mil inmigrantes chegados recentemente desde Afganistán e Ucraína.

 Nos últimos seis meses o Goberno tivo que acoller e albergar a máis de 500 mil inmigrantes, incluíndo a decenas de miles de nenos moitos dos cales están enfermos de tuberculose ou outros males contaxiosos.

 Por suposto, esa masa humana é vista como unha ameaza de xente en situación de miseria e disposta a aceptar traballos nas peores condicións e por un salario mísero. Por iso é polo que estes inmigrantes están a ser vistos como inimigos dos dereitos gañados polos traballadores.

 Esa hostilidade cara aos inmigrantes tende a xeneralizarse politicamente, e exprésase tanto no apoio como no rexeitamento cara ao sindicalismo que defende os dereitos dos traballadores.

 De feito, o estado de Florida, controlado pola ultradereita, está querelándose contra o goberno de Joseph Biden, ao que acusa de realizar algo moi parecido a unha extorsión para obrigar o goberno de Florida a retirar un proxecto de lei que pretende limitar ao mínimo as atribucións dos sindicatos.

 Segundo ese proxecto de lei do estado de Florida, a decisión de se incorporar a un sindicato é persoal e non inflúe no seu contrato de traballo. É dicir, non hai inscrición automática do traballador ao sindicato que exista no seu posto de traballo. Igualmente, estabelece que o traballador non estará obrigado a pagar cotas para o financiamento do sindicato. Ese proxecto é case idéntico ao que se impuxo en Chile para debilitar o sindicalismo durante a ditadura militar.

 Desde o punto de vista do goberno do estado de Florida, o propósito desa lei é impedir que os traballadores poidan ser ideoloxizados ou instigados a crear conflitos prexudiciais para as empresas.

 Obviamente, a posición do Goberno quere debilitar o sindicalismo e, eventualmente, a comprometer os demandantes de emprego para que non se afilien ao sindicato.

 Fronte a iso, o goberno federal, desde Washington, anunciou que, se o estado de Florida aproba ese proxecto de lei antisindical, en resposta terminarase o financamiento federal a varios proxectos estatais por un valor de varios miles de millóns de dólares.

 Será interesante saber o que vai pasar alí.

 Canto inflúe no resto do mundo o proceso político e económico interno dos Estados Unidos?

 O inesperado estouro de violencia en Israel certamente proxectarase con forza sobre toda Asia, e desde xa foi tomado polo presidente Joseh Biden como “a ocasión chave para que os Estados Unidos asuman o liderado mundial e militar que lles corresponde”.

 Tamén impactou nas análises internacionais o feito de que o famoso aparello de espionaxe e Intelixencia Militar de Israel, o Mossad, fose incapaz de detectar os preparativos dun ataque de tan grandes proporcións.

 En Alemaña, as eleccións provinciais do domingo, nos distritos electorais de Bavaria e Hesse, foron un desastre absoluto para o goberno antirruso encabezado polo socialdemócrata Olaf Scholz coa seu abraiantemente parva ministra de Relacións Exteriores, Annalena Baernock, militante do Partido Verde, partidaria da guerra contra Rusia.

 A alianza de Scholz incluía ademais o Partido Demócratas Libres e o Partido Verde, e ningún dos tres partidos alcanzou a votación mínima de 5% para ocupar un escano parlamentario.

 O gran gañador foi o dereitista AFD, que alcanzou o 39.5%, seguido polo CDU, de tendencia demócrata cristiá, e o SPD, centrista, co 15.1%.

 É sorprendente que eses tres partidos gañadores se mostrasen dispostos a estabelecer negociacións con Rusia, mantendo unha prudente distancia coas exixencias dos Estados Unidos.

 A humillante derrota do Chanceler de Alemaña foi vista como o final dunha etapa de dirección política excesivamente dócil ás exixencias dos Estados Unidos e a Unión Europea (UE).

 Con anterioridade, o 1 de outubro, nas eleccións de Eslovaquia resultara vencedor o candidato socialdemócrata prorruso Robert Fico; e antes, en abril, en Turquía, o tamén prorruso Víctor Orban,

 Resulta claro que en Europa está a se producir unha evolución a partir dos efectos ruinosos da política dura antirrusa imposta polos Estados Unidos.

 E é posíbel que esa evolución logre emendar rumbo nunha conxuntura estratéxica mundial que se aproximou demasiado perigosamente a un desenlace de guerra mundial.

 Até a próxima, xente amiga. Cóidense, hai perigo. Pero o perigo pode ser tamén un instrumento para entender que futuro é o que estamos a xerar agora.

 

[Artigo tirado do sitio web Correo del Alba, do 10 de outubro de 2023]