Persoal do guindastre do Concello de Vigo arroupa os seus representantes durante a mediación na Inspección de Traballo

O luns 14 comezará unha folga indefinida polo bloqueo das negociacións do convenio
Vigo - 10 Mai 2018

Persoal de Setex Aparki, concesionaria do guindastre municipal de Vigo, arroupou hoxe os representantes sindicais que participaron na mediación celebrada na Inspección de Traballo para intentar desbloquear o conflito aberto pola renovación do convenio colectivo. De non chegarse a un acordo antes do vindeiro luns 14, o servizo verase afectado pola folga indefinida convocada polos traballadores/as para reclamarlle á empresa que reduza a xornada laboral durante as fins de semana.