Persoal e usuarios/as do Sergas mobilízanse no Meixoeiro de Vigo para rexeitar o peche de camas no verán
Ducias de traballadores/as e usuarios/as do Servizo Galego de Saúde (Sergas) desenvolveron este mércores unha concentración no hospital Meixoeiro de Vigo para rexeitar o peche de camas previsto pola Consellaría de Sanidade durante o verán
Dende a Xunta de Persoal denuncian que durante o período estival permanecerán pechadas 192 camas na área sanitaria viguesa, a pesar de que ten as lista de espera máis longas de todo o país. Diante disto, reclaman os “recursos imprescindíbeis” para reducilas e instan o conselleiro a cumprir os “compromisos electorais” e buscar unha solución.