Presentada unha única candidatura ao VII Congreso da CIG

Confirmaron a súa asistencia delegacións de organizacións sindicais de África, Europa e América

Nacional -

Unha única candidatura, encabezada por Paulo Carril, concorrerá á Executiva Confederal e Secretaría Xeral no VII Congreso da CIG, que terá lugar este fin de semana -27 e 28 de maio- no Pazo de Congresos de Compostela (San Lázaro). Dúas xornadas de debate nas que un total de 706 delegados e delegadas– 540 elixidos/as directamente polas federacións nas distintas comarcas e os/as restantes membros do Consello Confederal e da Comisión de Garantías- analizarán o traballo desenvolvido nos últimos catro anos e definirán os obxectivos que se fixa a central sindical para o vindeiro período.

Rematado o prazo de presentación de candidaturas, confírmase, tal e como avanzaba o secretario xeral, Suso Seixo, o pasado luns, que só unha concorrerá á Executiva Confederal e á Secretaría Xeral nun Congreso que será histórico porque as compañeiras e compañeiros que ergueron a central sindical nacionalista dan o relevo a unha nova xeración que será, en diante, a encargada de dirixila.

Compañeiros -como o propio secretario xeral, Suso Seixo, máis tamén Xosé Francisco Miranda Vigo, secretario confederal de Comunicación e Propaganda; Antolín Alcántara, secretario confederal de Negociación Colectiva e Saúde Laboral; Ramiro Oubiña, secretario confederal de Finanzas ou a tristemente finada Elvira Patiño- que, cun enorme sacrificio persoal, coherencia e un compromiso inquebrantábel co noso país e coa clase traballadora galega, foron quen de erguer o sindicalismo nacionalista até convertelo no que hoxe é a CIG.

A renovación da Executiva Confederal, unha vez sexa ratificada polo VII Congreso, será dun 60%.

HORARIOS DO CONGRESO

Sábado 27 de maio

9:00-10:00h.- recepción de congresistas e convidadas. Entrega de documentación

10:00-11:00h.- Inicio. Debate e votación Regulamento das sesións do Congreso e orde do día. Proxección audiovisual. Benvida a cargo do secretario comarcal da CIG de Compostela. Actuación musical.

11:00-11:45h.- Presentación do Informe de Xestión da Executiva Confederal a cargo do Secretario Xeral.

11:45-13:30h.- Proposta de elección da Mesa Presidencial Congreso.

13:30-14:00 h.- intervención organizacións convidadas.

14:30h.- Xantar

16:30-17:30h.- Presentación, debate e votación do Organización e Estatutos.

17:30-18:30h.- Presentación, debate, votación Relatorio Base.

18:30-19:00h.- Presentación de candidaturas

19:00h. Resolucións

Domingo 28 de maio

10:00-11:00h.- Votacións de cargos e membros de organismos: Executiva Confederal, Secretaría Xeral e Comisión de Garantías.

11:00-11:30h.- Reconto

11:30h-13:00h.- Clausura. Actuación Musical. Comunicación resultados ao pleno das votacións das candidaturas; saúda das organizacións nacionais convidadas e intervención delegacións internacionais convidadas. Despedida excompañeiros da Executiva. Intervención do/a Secretario Xeral

 

Delegacións internacionais de África, América e Europa confirmaron a súa asistencia ao VII Congreso

 Organizacións sindicais de Europa, África e América acompañarán á CIG no seu VII Congreso. Coa súa presenza queda constatado o recoñecemento internacional acadado pola CIG en todos estes anos malia sermos unha central sindical dunha nación sen estado. Xunto ás delegacións das organizacións sindicais de distintos países participan tamén organizacións de carácter internacional como a FSM (Federación Sindical Mundial) e a CSPLP, (Confederação Sindical dos Países de Lingua Portuguesa).

Delegacións

ARXENTINA

  • CTA -A- Central de Traballadores Arxentinos AUTÓNOMA
    • RUBEN RUIZ TROSSERO, Cordenador Gremial da CTA-AUTÓNOMA, membro do Secretariado Nacional e Secretario Xeral da Asociación do Persoal Xerarquico do Gas.
  • CTA-T – Central de Traballadores Arxentinos dos Traballadores.
    • Andrés LARISGOITIA , Secretario de Relaciones Internacionales.

BRASIL

  • CUT – Central Única dos Trabalhadores
    • JULIMAR ROBERTO de OLIVEIRA NONATO, Secretário de Administraçao e Finanças

CATALUÑA

  • I-CSC – Confederación Sindical de Catalunya
    • Carles SASTRE i  BENLLIURE, Secretario Xeral

CHIPRE

  • PEO – Pankipria Ergatyki Omospondia (Federación Panchipriota de Traballadores)
    • PIERIS PIERI , Responsable de Relacións Internacionais.

COLOMBIA

  • CGT – Confederación de Trabajadores de Colombia
    • JORGE ADONAI ESPINOSA PEREZ, Secretário de Organización.

CUBA

  • CTC – Central de Trabajadores de Cuba
    • Milagro de La Caridad PÉREZ CABALLERO, Membro do Secretariado Nacional, Responsable dos Asuntos Económicos.

ESTADO ESPAÑOL

  • USO – Unión Sindical Obrera
    • Gerardo ROMÁN IGLESIAS Secretario Xeral da Federación de Traballadores de Seguridade  Privada de Galiza
    • Javier SOUTO DIÉGUEZ , da Sección Sindical de Securitas Seguridade.

EUSKAL HERRIA

  • ELA - Euskal Langileen Alkartasuna (Solidariedade de Traballadores Vascos)
  • Adolfo MUÑOZ SANZ (TXIKI), Secretario Xeral
  • Mitxel Lakuntza Vicario, Coordinación Navarra. Inmigración
    • LAB – Langile Abertzaleen Batzordeak (Comisións de Obreiros Patriotas)
  • Ibon ZUBIELA MARTÍN, Responsable de Saúde Laboral

FRANCIA

  • USS – Union Syndicale Solidaires
    • Nara CLADERA, Da Comisión Internacional
    • Christian MAHIEUX, de Sud Rails francesa

GUINEA BISSAU

  • UNTG – Uniao Nacional de Traballadores/as de Guinea Bissau.
  • María da Luz PEREIRA IMBALI, Presidenta da Rede Nacional de Mulleres Traballadoras

PALESTINA

  • GFIU – Federación Xeral De Sindicatos Independientes.
  • Nithya NAGARAJAN, Responsable de Relacións Internacionais.
  • PGFTU – Federación Xeral de Sindicatos Palestinos.
  • Rasem M.H. ALBAYARI, adxunto á Secretaría Xeral

PORTUGAL

  • CGTP/IN – Confederaçao Geral dos Trabalhadores Portugueses
    • Joao BARREIROS, membro do Consello Nacional
  • UGT – Uniao Geral dos Trabalhadores
    • Catarina TABARES, Responsable de Relacións Internacionais
    • Bruxo TEIXEIRA, Responsábel de Xuventude

SAHARA OCCIDENTAL

  • UGTSARIO – Unión General de Trabajadores de Saguia-el-Hamra e Rio de Ouro
    • Abida Uld Alamir Bachir (Kasisa), Secretario de Relacións Internacionais.

SUIZA

  • SIT- Sindicato Interprofesional de Traballadores
    • Jesús GOMEZ, Secretario Sindical responsable Sector Terciario.
  • USS- Unión Sindical Suiza
  • Xosé Manuel ABELENDA, Responsable de Migración na rexión Transjurane de Unia.

FSM – Federación Sindical Mundial

  • Artur SEQUEIRA, membro do Secretariado.
  • Quim Boix, Secretario Xeral do colectivo de Pensionista da FSM.

FSM-EU- Federación Sindical Mundial – Europa

  •                Pieris PIERI, Presidente da oficina rexional de Europa

CSPLP – Confederación Sindical dos Países de Lingua Portuguesa

  • Catarina TABARES , Secretaria Executiva.
Galiza

 Consello Económico e Social de Galiza

  • Corina PORRO, Presidenta

Bloque Nacionalista Galego

  • Ana PONTÓN MONDELO, Voceira Nacional
  • Bieito LOBEIRA DOMÍNGUEZ
  • Montserrat PRADO CORES,

ANOVA- Irmandade Nacionalista

  • Antón SÁNCHEZ, Voceiro Nacional.
  • Brais BORRAJO, responsable de Rebelión Cívica na Comisión Permanente.

CERNA

  • Paula VÁZQUEZ VERAO, Deputada de EM no Parlamento Galego e membro da Coordenadora.
  • Lois FOZ, Membro da Coordenadora.

Galiza Nova

  • Alberte FERNÁNDEZ, Secretario Xeral
  • Claudia QUINTELA, Responsable de organización.

ERGUER

  • Iria FIGUEIROA, Responsable de organización.
  • Moraima PÉREZ, Membro do Consello Nacional.

ISCA

  • Elia Lago, membro da Mesa Nacional.
  • Anxo Sánchez, membro da Mesa Nacional.

FRUGA -  Federación Rural Galega

  • Xurxo ÁLVAREZ PÉREZ, Presidente
  • Manuel DA CAL VASQUES, Coordenador Xeral

Asociación de Escritores en Lingua Galega

  • Cesáreo SÁNCHEZ IGLESIAS, Presidente
  • Mercedes QUEIXAS

Federación Galiza Cultura

  • María Pilar GARCÍA NEGRO, Presidenta

Fundación Alexandre Bóveda

  • Uxío-Breogán Diéguez Cequiel, Presidente

Fundación Galiza Sempre

  • Francisco Jesús JORQUERA CASELAS,

Fundación Manuel María

  • Saleta GOY,
  • Alberte ANSEDE,

Fundación FORGA

  • Mercedes GARCIA MATOS, Xerente

Fundación Moncho Reboiras

  • Manuel Mera, Director

Fundación Terra e Tempo

  • Roberto Vilameá Ponte, Presidente.

Mesa pola Normalización Lingüística

  • Marcos MACEIRA EIRAS,
  • Mónica PAZOS MARTÍNEZ, Secretaria

ASPG – Asociación Socio-Pedagóxica Galega

  • Xoán Xosé COSTA CASAS, Presidente

INSTITUTO GALEGO DE HISTORIA

  • Uxío-Breogán Diéguez Cequiel, Presidente

Organización Galega de Comunidades de Montes Veciñais en Man Común

  • Xosé Alfredo PEREIRA MARTÍNEZ, Presidente

Esculca

  • Elvira SOUTO PRESEDO

Volver