Se é machista, non é xustiza! Mobilizacións contra a sentenza de "La Manada"

Contra a violencia patriarcal e a xustiza machista que volve a golpear os dereitos das mulleres

Nacional -

A CIG fai un chamamento a participar nas mobilizacións convocadas hoxe por diferentes colectivos  e organizacións feministas da Galiza unha vez coñecido o fallo da Audiencia de Navarra condenando a a nove anos de prisión (dos 25 solicitados pola acusación particular ou os 22 da Fiscalía) aos cinco acusados de #LaManada por un delito continuado de abuso sexual e absolvelos do delito de violación.

MOBILIZACIÓNS XOVES 26 DE ABRIL

- Bertamiráns: Praza da Mahía 19:30

- Compostela: Praza 8 de marzo 20:00

- Lugo: Concello 20:30

- Vigo: Marco 20:30

- Coruña: Obelisco 20:00

- Pontevedra: Audiencia Provincial 20:00

- As Pontes: Concello 20:30 

- Ourense: Castañeira 20:00

- Noia: Concello 20:00

- Viveiro: Praza Maior 20.30

- Ponteareas: diante dos Xulgados 20:00

Desde a CIG facemos un chamamento a mobilizarnos unha vez máis contra a violencia patriarcal e contra a xustiza machista que volve a golpear nos dereitos das mulleres.
Porque non hai xustiza posíbel nunha sociedade machista.

Participa!

#aManadaSomosNós
#FeminismoParaVivir
#NonÉNon
#SeTocanAUnhaRespostamosTodas

Volver