Como vén facendo mes a mes, a CIG volve alertar do constante aumento da inestabilidade e da precariedade do mercado laboral galego e a denunciar que detrás da propaganda gobernamental agóchase unha realidade caracterizada pola alta taxa de desemprego e pola baixa calidade dos postos de traballo que se crean. De feito, o 75,6% das afiliacións rexistradas en Galiza durante o pasado mes de xuño foron mediante contratos temporais.
O Estado español continúa á cabeza do desemprego no conxunto da Unión Europea, cunha taxa que practicamente dobra a media europea (11,7% fronte a 6,5%). A situación en Galiza non é moito mellor, xa que segundo a EPA do primeiro trimestre de 2024 o paro atinxe o 10,45%. Agora os datos do SEPE amosan que o número de persoas rexistradas como demandantes de emprego reducíronse só un 3,4% en xuño no noso país polo efecto das contratacións relacionadas co período estival.
Persoas paradas por provincias.
| |
|
|
Variación
|
| |
Maio
|
Xuño
|
Absoluta
|
%
|
|
A Coruña
|
48.497
|
46.933
|
-1564
|
-3,2
|
|
Lugo
|
11.588
|
11.135
|
-453
|
-3,9
|
|
Ourense
|
14.545
|
14.159
|
-386
|
-2,7
|
|
Pontevedra
|
47.406
|
45.711
|
-1695
|
-3,6
|
|
Total
|
122.036
|
117.938
|
-4098
|
-3,4
|
Fonte: SEPE
De feito, o 74% dos novos empregos foron no sector servizos e a maioría das afiliacións á Seguridade Social (75,6%) foron a través de contratos temporais.
Afiliación á SS por provincias.
|
Afiliación á SS
|
|
|
Variación
|
| |
Maio
|
Xuño
|
Absoluta
|
%
|
|
A Coruña
|
469.386
|
471.537
|
2.151
|
0,5
|
|
Lugo
|
125.638
|
126.575
|
937
|
0,7
|
|
Ourense
|
106.253
|
106.892
|
639
|
0,6
|
|
Pontevedra
|
376.013
|
379.865
|
3.852
|
1,0
|
|
Total
|
1.077.290
|
1.084.869
|
7.579
|
0,7
|
Fonte: Seguridade Social.
A baixa calidade dos postos de traballo que se crean vén marcada precisamente pola alta temporalidade, até o punto de que no mes de xuño subscribíronse no noso país preto de 37.000 contratos por circunstancias da produción, cifras semellantes ás rexistradas nos meses anteriores á aprobación da reforma laboral de 2021, “que supostamente tiña como obxectivo reducir a temporalidade no emprego”, tal e como sinala o secretario confederal de Negociación Colectiva, Emprego e Industria da CIG, Paco Sío.
O responsábel sindical lamenta que unha vez máis o sector servizos concentre a creación de postos de traballo, “o que demostra que o Camiño de Santiago é o único motor do emprego en Galiza, sobre todo nos meses de verán, maquillando a terríbel situación na que se atopan a industria galega e os sectores produtivos do país, como o primario”.
Paro rexistrado por sectores.
| |
|
|
Variación
|
|
Sectores
|
Maio
|
Xuño
|
Absoluta
|
%
|
| |
|
|
|
|
|
Sector primario
|
3872
|
3725
|
-147
|
-3,8
|
|
Industria
|
12.042
|
11.653
|
-389
|
-3,2
|
|
Construción
|
8180
|
7.913
|
-267
|
-3,3
|
|
Servizos
|
86.755
|
83.715
|
-3040
|
-3,5
|
|
Sen emprego anterior
|
11.187
|
10.932
|
-255
|
-2,3
|
| |
122.036
|
117.938
|
-4098
|
-3,4
|
Fonte: SEPE
Para Sío o outro dato a ter en conta é a elevada taxa de paro xuvenil (28,5%), a máis elevada de Europa, “ao que no caso galego temos que sumarlle unha cuestión moi preocupante como é a constante emigración de milleiros de persoas mozas na busca dun emprego acorde coa súa cualificación, xa que o mercado laboral galego -precario e baseado na pobreza laboral- non cumpre coas expectativas da xeración máis preparada da historia do país”.
Por último, fai fincapé en que o leve aumento da contratación indefinida agocha a nova realidade da contratación fixa descontinua, que vén da man da última reforma laboral. “Por iso seguimos a reclamar a súa derrogación, porque as actuais condicións non garanten que a clase traballadora poida contar cun salario que permita ter unha vida digna”.