Seguimento total no segundo día de paro indefinido en Alonarti Envases

Ao igual que onte, só entrou a traballar o persoal de administración
Vigo - 18 Xan 2017

A segunda xornada da folga indefinida convocada pola CIG na empresa Alonarti Envases do Porriño para rexeitar o despido dun afiliado da central tivo tamén un seguimento do 100% por parte dos traballadores/as de fábrica. Ao igual que onte, unicamente acudiu ao seu posto o persoal de administración, entre eles os dous delegados da UGT no comité de empresa.

Os empregados/as da compañía dedicada á fabricación de envases para a industria farmacéutica e cosmética - e que traballa para marcas como L'Oréal, Ferrer, Farmasierra, Neocos ou Lamarvi- permanecen concentrados dende primeira hora da mañá diante das instalacións situadas no polígono porriñés das Gándaras.