A CIG lamenta a sentenza 00317/2025 do xulgado de Betanzos

Betanzos - 31 Out 2025

A CIG discrepa do fallo da sentenza 00317/2025 emitida pola Praza nº1 da sección civil e de instrución do tribunal de instancia de Betanzos ao entender que non se vulnerou ningún dereito fundamental da empresa demandante e que a información feita pública pola CIG se enmarca na acción sindical que lle é propia na defensa dos dereitos laborais.

A CIG non comparte tampouco que se admitise a trámite a demanda, ao entender que se obrou en boa fe, atendendo á información trasladada polas dúas persoas traballadoras que se achegaron ao sindicato a pedir asesoramento, e que o obxectivo da nota de prensa emitida era que se respectasen os seus dereitos e por en coñecemento da cidadanía unha actuación patronal considerada inxusta.

Dito isto, en atención ao disposto no fallo, emítese esta publicación recollendo a parte dispositiva da sentenza: