Solidariedade Sindical Internacional e apoio á vía do diálogo e a paz en Venezuela
Comunicado de apoio asinado por máis de 30 organizacións sindicais de todo o mundo
Internacional - 08 Feb 2019
Máis de 30 organizacións sindicais de todo o mundo veñen de facer un público un manifesto de apoio á vía do diálogo e a paz en Venezuela, promovida polos gobernos de Uruguai e México, na base do respecto á lexitimidade democrática de Nicolás Maduro e a soberanía nacional de Venezuela.
A seguir reproducimos o texto do manifesto:
Os sindicatos asinantes deste documento queremos manifestar o noso apoio á iniciativa proposta polos gobernos de Uruguai e México para instalar un diálogo pola paz en Venezuela baseada no respecto á lexitimidade democrática de Nicolás Maduro e á soberanía nacional de Venezuela. Por iso estendemos as seguintes consideracións para acompañar esta proposta co propósito de evitar e denunciar unha posíbel intervención militar estranxeira no continente:
Os sindicatos asinantes recoñecemos a lexitimidade democrática da Asemblea Nacional Constituínte e do seu presidente Nicolás Maduro, democraticamente elixido nas eleccións convocadas por dita Asemblea nunhas eleccións libres e democráticas. Por iso rexeitamos a estratexia para desestabilizar Venezuela e derrocar o presidente lexítimo democraticamente elixido.
Preocúpanos que a paz, a estabilidade, a cooperación e a integración na rexión estea baixo forte ameaza, produto do acoso e inxerencia externa na vida política venezolana.
Mentres que algúns actores apostan á guerra e á intervención, outros gobernos están impulsando con moitísimo esforzo un chamamento ao diálogo e á negociación como vías lexítimas do dereito internacional para resolver os conflitos.
Desde os nosos respectivos espazos e roles acompañamos e adherimos ás iniciativas de diálogo e negociacións políticas que teñen como obxectivo a paz na rexión e o mundo, e apoiamos a realización do próximo Cumio sobre Venezuela a realizarse en Montevideo.
6 de Febreiro do 2019
Organización Sindical
País
PIT CNT
Uruguay
Central Bolivariana Socialista de Trabajadores CBST
Venezuela
Central de Trabajadores de Cuba CTC
Cuba
Central dos Trabalhadores e Trabalhadoras do Brasil CTB
Brasil
Central de Trabajadores de la Argentina Autónoma (CTAA)
Argentina
Central de Trabajadores de la Argentina CTA
Argentina
Langile Abertzaleen Batzordeak LAB Sindikatua
País Vasco
Eusko Langileen Alkartasuna ELA
País Vasco
Confederación Intersindical Galega CIG
Galiza
CUT Galiza
Galiza
Unione Sindacale di Base USB
Italia
NEHAWU
Sudáfrica
Intersindical Alternativa de Catalunya IAC
Catalunya
Sindicato Andalúz de Trabajadores SAT
Andalucia
CUT Aragón
Aragón
Intersindical CSC de Catalunya
Catalunya
CST-JBE Nicaragua
Nicaragua
Frente Sindical Obrero de Canarias FSOC Canarias
Canarias
Intersindical Canaria
Canarias
COS Catalunya País
Països Catalans
Federació de treballadores de Catalunya FTC
Catalunya
UGT Sario Sáhara Occidental
Sáhara Occidental
Corriente Sindical de Izquierdas CSI
Asturies
STEILAS
País Vasco
ESK
País Vasco
Alternativa Sindical de Trabajadores AST
Estado Español
Workers Union Coalition
Palestina
Mandate
Irlanda
STC
Córcega
Intersindical Valenciana
País Valencià
Federación Judicial Argentina
Argentina
DISK
Turquia
Central Única dos Trabalhadores CUT
Brasil