A CIG inicia en Pontevedra as protestas por un salario digno no sector do comercio de alimentación

Pontevedra/Vigo -
Máis de 150 persoas percorreron as rúas da cidade o venres, mentres que para este domingo hai convocada unha manifestación en Vigo

A asemblea de traballadores/es aproba por ampla maioría a proposta para os convenios do metal de Lugo

Lugo -
O acordo logrado rompe coas limitacións á negociación colectiva que pretende impor o pacto social

A Xunta recorta a e seguridade privada na Cidade da Xustiza de Vigo e prescinde de tres traballadores/as

Vigo -
A CIG presentará alegacións ao prego de condicións do concurso ao reducírense até un 30% as horas de vixilancia do edificio xudicial

A CIG obtén 4 de 5 representantes no comité do almacén de Froiz no Marco de Pontevedra

Pontevedra -
É a primeira vez que se celebran eleccións sindicais neste centro de traballo que antes pertencía á cadea de supermercados Moldes

A CIG logra a readmisión da delegada da residencia Soremay de Pontevedra que fora reprimida sindicalmente

Pontevedra -
​A dirección da empresa recoñeceu a improcedencia da rescisión de contrato e optou por readmitila antes de que se celebrase o xuízo

Quizais quixo dicir:

Sectores produtivos relacionados coa federación

Comercio de froitas, comercio do téxtil, do metal, da pel, do vidro plano, de materiais de construción, de mobles e de alimentación, grandes almacéns, drogarías, farmacias, bazares, florarías, librarías, hostelaría, axencias de viaxe, medios de comunicación públicos ou privados, estudos fotográficos, cinema, teatros, músicos, espectáculos, dobraxe e son, deportes, bibliotecas, museos, salas de xogos, casinos, administracións de lotarías, perrucarías, tinturarías, lavandarías, limpeza, predios urbanos, pompas fúnebres, xardinaría, clubes e sociedades recreativas, seguridade privada e empregadas do fogar.

Os sectores de actividade non citados nesta disposición adscribiranse segundo criterios de analoxía.

Para estes efectos, as empresas con capital público maioritario, así como aquelas empresas xestionadas mediante novas fórmulas de xestión (consorcios, fundacións...) e que a súa actividade principal sexa a prestación dun servizo público, estarán adscritas ás federacións da Área Pública, adxudicándose a cada unha delas en función da actividade que realizan. En caso de discrepancia, será o Secretariado Confederal o que decida, o cal será ratificado polo Consello Confederal. A readxudicación das empresas afectadas polo aquí exposto farase unha vez rematados os procesos congresuais e nunca máis tarde do 30 de xuño de 2010.