O sector do metal da provincia de Pontevedra convoca folga indefinida a partir do 18 de xullo

Pontevedra/Vigo -
Hoxe tivo lugar a sexta xornada de paros para reclamar un convenio colectivo digno

A CIG advirte de posíbeis responsabilidades penais ás empresas que incumpran a xornada intensiva na construción

Vigo/Pontevedra -
Considera un éxito a medida na provincia de Pontevedra, pero denuncia que nalgúns casos non se está a aplicar e pídelle celeridade á Inspección

Carril reivindica a folga e a mobilización como “único camiño” para lograr melloras laborais na negociación colectiva

Vigo -
O secretario xeral da CIG insta a patronal do metal pontevedrés a negociar “e a deixar de exercer como capataces dunha plantación de algodón”

A CIG logra os 9 representantes do comité provincial de Viaqua en Pontevedra

Pontevedra -
O resultado avala o gran traballo feito pola representación da CIG, especialmente durante a negociación do convenio colectivo

Cuarta xornada de folga no metal pontevedrés con seguimento practicamente total e protestas masivas

Vigo/Pontevedra -
Milleiros de traballadores/as do sector manifestáronse en Vigo, Pontevedra e Vilagarcía tras percorrer os principais polígonos industriais

Comeza a xornada intensiva na construción de Pontevedra por primeira vez na historia do sector en Galiza

Pontevedra -
O acordo foi incluído no convenio provincial publicado o pasado 9 de xuño, sendo de obrigado cumprimento para todas as empresas

Seguimento do 70% na folga no comercio de alimentación da provincia de Pontevedra en demanda dun convenio digno

Vigo/Pontevedra -
A CIG convocou a xornada para reclamar un maior incremento salarial, máis redución de xornada e distintas melloras laborais

Convocan protestas na empresa Vertifil de Moraña polo despido de seis traballadores/as

Moraña -
Este luns 26 terá lugar unha concentración coincidindo co cambio de quenda de 13:30 a 14:30 horas

O Goberno español prégase ás patronais do metal pontevedrés e impide unha manifestación autorizada en Vigo

Vigo/Pontevedra -
A CIG esixe a dimisión do delegado do Goberno pola desproporcionada actuación policial na terceira xornada de folga por un convenio digno

Contundente demostración de forza do metal pontevedrés en folga bloquea os accesos ao IFEVI e ao aeroporto de Vigo

Vigo/Pontevedra -
Milleiros/as de traballadores/as mobilizáronse na cidade olívica e tamén en Pontevedra, Vilagarcía, Silleda e A Estrada

O inmobilismo das patronais do metal pontevedrés aboca o sector a unha nova xornada de folga

Vigo/Pontevedra -
Coincidindo co paro previsto para este martes as centrais convocan unha manifestación en dúas columnas que rematará no IFEVI en Vigo