Quizais quixo dicir:
15 Xan 2021
18 Dec 2020
O persoal de TYRMA acordou este xoves en asemblea retomar as mobilizacións no mes de xaneiro se a empresa de reciclaxe de plásticos da mina de Touro non atende á demanda de retirar a modificación substancial das condicións laborais ou compensar economicamente os cambios que esta modificación provoque.
17 Dec 2020
O persoal dos centros de atención directa dependentes da Consellaría de Política Social mantén o pulso mobilizador ante o nulo interese do departamento autonómico en atender a chamada ao diálogo e á negociación para rematar co conflito laboral. Hoxe tivo lugar a concentración número 24, e nos vindeiros días decidirán novas accións reivindicativas para aumentar a presión sobre a Xunta.
02 Dec 2020
A Unión Comarcal da CIG de Vigo vén de poñer en marcha unha campaña especial de recollida de alimentos para o Nadal no marco do Plan de Axuda Alimentar Solidario que funciona dende hai sete anos e do que se benefician mensualmente 40 persoas. A data límite para participar nesta iniciativa de solidariedade obreira remata o vindeiro 21 de decembro, xa que o reparto farase antes do inicio das festas. Por este motivo, dende a central fan un chamamento a que as doazóns, que se poden depositar nas caixas habilitadas no local, inclúan tamén produtos típicos destas datas.
01 Dec 2020
En plena pandemia e estando o concello no nivel máximo de alerta, o centro de saúde de Carballo atópase día de hoxe con cinco enfermeiras/os menos (catro na quenda de mañá e unha na quenda de tarde), ao non substituírse as ausencias dos e das profesionais titulares. A CIG-Saúde considera que esta situación "non se pode permitir, que é absolutamente impresentábel e que xa está ben de que nos centros de saúde se teña que continuar asumindo cada vez máis traballo con menos persoal".
Usamos cookies para mellorar a túa experiencia de navegación e uso. Consulta a nosa política de cookies e a nosa política de protección de datos. Preme en aceptar para confirmar que liches e aceptas a información presentada e pechar este cadro.